A tempada 2009-10 da Liga de Campións foi a 55ª edición da máxima competición continental de fútbol en Europa, a Liga de Campións, organizada pola UEFA.
Nesta edición o Inter de Milán se proclamou Campión de Europa por 3ª vez na súa historia.
Os dous equipos chegaban á final dirixidos por adestradores cunha Copa de Europa xa no seu palmarés. Louis van Gaal, adestrador do Bayern, xa fora campión en 1995 cando dirixía ó Ajax de Amsterdam. Pola outra banda, José Mourinho, adestrador do Inter, tamén tiña no seu palmarés unha Copa de Europa, a gañada en 2004 co FC Porto.
O camiño de ámbolos dous equipos ata chegar á final foi duro. O Bayern tivo que eliminar a Fiorentina en oitavos de final, ó Manchester United (campión en 2008) en cuartos de final, e ó O. Lyon nas semifinais. O Inter se enfrontou ó Chelsea FC en oitavos, ó CSKA Moscova en cuartos, e ó FC Barcelona (campión en 2009) nas semifinais.
O inglés Howard Webb foi elixido para arbitrar a final. O encontro foi dominado polo Bayern, que tivo a posesión do balón un 66'55% do tempo, por un 33'45% para o Inter. Os italianos empregaron a estratéxia de agardar na súa área defendendo para saír ó ataque con velocidade cando recuperaban o balón. O resultado foi que o Bayern disparou 23 veces, 4 delas entre os tres paus. O Inter só disparou 11 veces, 4 entre os tres paus. O Bayern tirou 6 saques de curruncho, por 2 do Inter.[1]
A pesar de tódolos marcadores positivos para o Bayern no encontro, foi o Inter o que se adiantou no minuto 35, cando o dianteiro arxentino Diego Milito (designado mellor xogador da final) marcou na súa primeira oportunidade. No minuto 70 Milito volveu a marcar, nunha contra.
No Bayern destacou o xogo do holandésArjen Robben, que tentou 8 disparos á portería de Julio Cesar. No Inter destacou Wesley Sneijder, que tirou 6 veces a porta.