A Liga de Campións da UEFA 1995-96 foi a edición número 41 da máxima competición europea de fútbol a nivel de clubs organizada pola UEFA. A rolda previa da competición disputouse en agosto. A fase de grupos comezou en setembro e rematou en decembro. Os cuartos de final foron en marzo, as semifinais en abril, e a final foi o 22 de maio de 1996. Na final enfrontáronse o campión da edición anterior, o Ajax Ámsterdan, e mailo campión italiano, o Juventus FC, que venceu nos penaltis por 4 a 2 despois de que o encontro rematase 1 a 1.