Lista de territorios gobernados polas Nacións Unidas
Esta é unha lista de territorios que son, ou foron, directamente administrados polas Nacións Unidas (ONU). Estes non deben confundirse cos territorios en fideicomiso da ONU, que estaban dirixidos por un só país baixo un mandato da ONU.
Lista
Actuais
Nome | Localización | Anos | Hoxe parte de |
---|---|---|---|
Forza das Nacións Unidas para o Mantemento da Paz en Chipre (UNFICYP) | Liña Verde (UNBZC) | 1974–presente | Chipre |
Forza das Nacións Unidas de Observación da Separación (UNDOF) | Zona UNDOF nos Altos do Golán | 1974–presente | Siria |
Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo (UNMIK) | Kosovo administrado polas Nacións Unidas | 1999–presente (só de jure dende 2008) |
Kosovo (reclamado por Serbia) |
No pasado
Nome | Localización | Ano | Hoxe parte de |
---|---|---|---|
Autoridade Executiva Provisional das Nacións Unidas (UNTEA) | Nova Guinea Occidental | 1962–1963 | Indonesia |
Autoridade Provisional das Nacións Unidas en Camboxa (UNTAC) | Camboxa | 1992–1993 | Camboxa |
Administración de Transición das Nacións Unidas en Eslavonia Oriental, Baranya e Sirmia Occidental (UNTAES) | Eslavonia Oriental, Baranya e Sirmia Occidental | 1996–1998 | Croacia |
Autoridade Provisional das Nacións Unidas en Timor Leste (UNTAET) | Timor Leste administrado polas Nacións Unidas | 1999–2002 | Timor Leste |