Lucretia Mott
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1793 ![]() Nantucket, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 11 de novembro de 1880 ![]() Filadelfia, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | pneumonía ![]() |
Educación | Oakwood Friends School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | activista polos dereitos das mulleres, mestra, escritora, activista pola paz, abolicionista, predicadora, sufraxista ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | James Mott ![]() |
Fillos | Maria Mott, Thomas Mott ![]() |
Pais | Thomas Coffin ![]() ![]() |
Irmáns | Martha Coffin Wright ![]() |
Parentes | Anna Davis Hallowell, neta Benjamin Franklin, curmán Mayhew Folger, tío materno ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | A Woman of the Century (en) ![]() Obálky knih, ![]() American Women Writers ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Lucretia Mott, nada en Nantucket, Massachusetts o 3 de xaneiro de 1793 e finada en Cheltenham, Pensilvania o 11 de novembro de 1880, foi unha defensora dos dereitos da muller, pioneira dentro do movemento feminista que pasou á historia, entre outros motivos, por participar na organización da Convención de Seneca Falls.
Traxectoria
Naceu no seo dunha familia cuáquera, sendo a segunda de sete irmáns. Os seus pais eran Thomas Coffin e Anna Folger,[1] o seu pai era capitán dun baleeiro e a súa nai dirixía a explotación agrícola familiar.
O pensamento cuáquero vai ser determinante na formación das súas ideas, especialmente a igualdade ante Deus que predica devandito movemento relixioso. Ós trece anos, ingresou na "Nine Partners Quaker Boarding School", un colexio cuáquero onde recibiu educación e onde máis tarde exerceu como profesora.[2]
O 10 de abril de 1812, contraeu matrimonio con James Mott, outro profesor da súa escola,[3] con quen tivo seis fillos, morrendo o primeiro ós cinco anos. En 1821 o matrimonio trasladouse a Filadelfia e ela foi nomeada predicadora do grupo cuáquero local.
O contexto de loita pola abolición da escravitude nos Estados Unidos e a marxinación da muller en todos os aspectos da vida pública e profesional, marcou o seu pensamento, todo isto, enmarcado na comunidade cuáquera.
Sufría de dispepsia, cousa que non lle impediu levar a cabo o seu labor como activista. Debido ó activismo pola abolición da escravitude do matrimonio Mott, a súa casa converteuse no centro do movemento anti escravista de Filadelfia e nunha etapa do "Ferrocarril subterráneo", unha ruta de escape dos escravos fuxidos.
O 11 de novembro de 1880, á idade de 87 anos, morreu na súa casa de Cheltenham (Pennsylvania) vítima dunha pneumonía. Foi enterrada no cemiterio cuáquero Fairhill, no norte de Filadelfia.
Notas
- ↑ Faulkner 2011, pp. 8, 14.
- ↑ Faulkner 2011, pp. 24–27.
- ↑ Faulkner 2011, pp. 34, 36.
Véxase tamén
Bibliografía
- Bacon, Margaret Hope (1999). Quaker Press of Friends General Conference, ed. Valiant friend: the life of Lucretia Mott. Nova York. ISBN 9781888305111.