Luz solar

Unha imaxe do Sol e da súa radiación

A luz solar é a luz e enerxía que provén do Sol. Cando esta enerxía chega á superficie terrestre chámase insolación[1]. O que experimentamos como luz solar é en realidade a radiación solar: é a radiación e a calor do Sol en forma de ondas electromagnéticas.

A atmosfera terrestre afecta a cantidade de radiación solar recibida polo planeta. Cando a radiación solar a atravesa, parte dela é absorbida pola atmosfera (16%); algunha parte é espallada ao espazo (6%); parte dela reflíctese polas nubes (28%); cerca do 47% chega á superficie terrestre.

Sen a luz solar, non podería haber vida tal como a coñecemos na Terra. As plantas necesitan luz solar para o proceso da fotosíntese. Durante a fotosíntese, as plantas usan a enerxía da luz solar, auga e dióxido de carbono para crear glicosa (azucre). A glicosa pode ser usada posteriormente pola planta para obter enerxía para si mesma, e os animais que comen a planta obteñen a glicosa nela. En ausencia de luz solar hai seres vivos que poden vivir no profundo dos océanos, asociados aos procesos volcánicos, grazas a un proceso chamado quimiosíntese.[2]

A radiación solar pode ser tanto boa como mala para a saúde das persoas. Exposto á luz, o corpo humano utiliza a parte ultravioleta da luz do sol para facer a súa Vitamina D propia. Sen protector solar, demasiada radiación ultravioleta a luz pode causar queimaduras e cancro de pel.

O ángulo do Sol marca a diferenza nas estacións da Terra, así como a duración do día e da noite.[3] Un ángulo alto fai quentes os trópicos e un ángulo baixo fai frío o ártico.

Intensidade da luz do sol en planetas de Sistema Solar

Luz do sol no Canón do Antelope, Arizona.

Os corpos diferentes do Sistema Solar reciben luz do sol de intensidades diferentes. A táboa seguinte compara a cantidade de luz recibida por cada planeta:

Planeta Perihelio - Afelio
distancia ( AU )
Radiación solar
máxima e mínima (W/m²)
Variación no forzamento da temperatura para albedo = 1
(°C)
Mercurio 0,3075 – 0,4667 14.446 – 6.272 94.6
Venus 0,7184 – 0,7282 2.647 – 2.576 2.2
Terra 0,9833 – 1,017 1.413 – 1.321 4.7
Marte 1.382 – 1.666 21.1
Xúpiter 4.950 – 5.458 55,8 – 45,9 6.0
Saturno 9.048 – 10.12 16.7 – 13.4 5.0
Urano 18.38 – 20.08 4.04 – 3.39 2.8
Neptuno 29.77 – 30.44 1,54 – 1,47 0,6

Uso da enerxía solar

A enerxía solar é usada de moitas formas diferentes por persoas en todo o mundo, tanto na súa forma tradicional para quentar, cociñar ou secar como para producir electricidade onde outras fontes de enerxía están ausentes, tal como en lugares remotos da Terra ou no espazo. Moitas veces, é máis barato facer electricidade coa luz solar que con combustíbeis fósiles como carbón ou petróleo, ademais de ser menos contaminante.

Notas

  1. "bUSCatermos; insolación". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-04-05. [Ligazón morta]
  2. "How do deep sea creatures survive without sunlight?". Encounter Edu (en inglés). Consultado o 2022-04-05. 
  3. World Sunlight Map from die.net

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas