Manolo Cardona
Manolo Cardona | |
---|---|
Nome completo | Manuel Julián Cardona Molano |
Nacemento | 25 de abril de 1977 |
Lugar | Popayán |
Nacionalidade | Colombia e Estados Unidos de América |
Profesión | actor, actor de televisión e realizador |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Julián Cardona Molano, nado en Popayán o 25 de abril de 1977, é un actor colombiano.
Traxectoria
Educouse na cidade de Cali, aos 14 anos comezou a gravar anuncios para a televisión e traballou como modelo. En Bogotá principiou a estudar relacións internacionais e finanzas. Empezou a actuar en 1995 na serie Padres e hijos e en 1998 tivo o seu primeiro papel protagonista na telenovela Carolina Barrantes pero foi ao ano seguinte con ¿Por qué diablos? cando comezou a adquirir sona como actor. En 2003 protagonizou a primeira telenovela fóra do seu país Ladrón de Corazones de Telemundo. No ano 2005 realizou dous filmes Rosario Tijeras e La mujer de mi hermano. No ano 2009 realizou a versión española de Sin tetas no hay paraíso.