Mar de Bering
Mar de Bering | |
---|---|
Bering Sea - Берингово море | |
Localización administrativa | |
Estado | Estados Unidos Rusia |
División | Estados Unidos (USA) Krai de Kamchatka (RUS) Chukotka (RUS) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Pacífico |
Continente | América do Norte - Asia |
Illa/s | Illas Aleutianas |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar de Chukchi (Ártico) |
Subdivisións | Norton Sound (USA) Golfo del Anádyr (RUS) |
Illas interiores | Illas Pribilof (con Illa de Bering), illas Diómedes, illas do Comandante, illa Nunivak, illa St. Lawrence, illa Nelson e illa Karaginsky |
Afluentes | Yukón (3.185 km), Kuskokwim (1.165 km) e Nushagak (480 km) (USA) Anádir (1.146 km) e Kamchatka (758 km) (RUS) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Baía de Bristol, baía de Kuskowin (USA) baía de Karanga (RUS) |
Penínsulas | Alasca e Kamchatka |
Características | |
Superficie | 2 000 000 km² |
Mapa | |
Mapa do mar de Bering, coa península de Kamchatka e Alasca. | |
Vista de satélite do mar de Bering. | |
O mar de Bering (ruso: Бе́рингово мо́ре) é unha parte do océano Pacífico.[1][2] Limita ao norte e ao leste con Alasca, ao oeste con Siberia en Rusia, e ao sur coa Península de Alasca e as Illas Aleutianas. O mar recibe o seu nome polo seu descubridor, o navegante danés Vitus Bering.
Características
Durante a última glaciación, o nivel do mar foi o suficientemente baixo como para permitir migrar a persoas e animais de Asia a América do Norte a pé, a través de onde actualmente se sitúa o estreito de Bering, localizado na zona norte do Mar. Isto recibe comunmente o nome de "istmo de Bering" e crese que foi o primeiro punto de entrada de persoas cara ao continente americano.
Cun clima moi tormentoso e altas ondadas, a navegación é arriscada, ademais o norte do mar conxélase durante o inverno. O mar é rico en recursos pesqueiros, principalmente centolas.
Xeografía
Extensión
A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar de Bering como segue:[3]
- No norte. O límite meridional do mar de Chukchi: O Círculo Polar Ártico entre Siberia e Alasca.
- No sur. Unha liña que vai desde Kabuch Point (54°48′N 163°21′O / 54.800, -163.350) na Península de Alasca, a través das Illas Aleutianas ata os extremos sur das Illas Komandorski e ata o Cabo Kamchatka, de tal xeito que todas as augas entre Alasca e Kamchatka están incluídas no Mar de Bering.
Illas
As illas do mar de Bering inclúen:
- Illas Pribilof, inclúen Illa St. Paul
- Illas Komandorski, inclúen a Illa de Bering
- Illa St. Lawrence
- Illas Diomede
- Illa King
- Illa Saint Matthew
- Illa Karaginsky
- Illa Nunivak[4]
- Illa Sledge[5]
- Illa Hagemeister[6]
Notas
- ↑ Fasham, M. J. R. (2003). Ocean biogeochemistry: the role of the ocean carbon cycle in global change. Springer. p. 79. ISBN 978-3-540-42398-0.
- ↑ McColl, R.W. (2005). Encyclopedia of World Geography. Infobase Publishing. p. 697. ISBN 978-0-8160-5786-3. Consultado o 26 Novembro 2010.
- ↑ "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2010.
- ↑ Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Nunivak island in Bering sea". Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés).
- ↑ "Alaska Islands of Bering Sea". www.stateofalaskaguide.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2022. Consultado o 24 de abril de 2018.
- ↑ "Wilderness.net - Bering Sea Wilderness - General Information". Wilderness.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2022. Consultado o 24 de abril de 2018.