Marco Livio Druso Claudiano
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (la) Appius Claudius Pulcher ![]() década de 90 a. C. ![]() Roma Antiga ![]() |
Morte | 42 a. C. ![]() Filipos (República Romana) ![]() |
Causa da morte | suicidio, morto en combate ![]() |
Pretor | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga, militar da Roma antiga ![]() |
Período de tempo | República Romana Tardía ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Batalha de Filipos (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Familia | Claudii Pulchri (en) ![]() ![]() ![]() |
Cónxuxe | valor descoñecido Alfídia ![]() |
Fillos | Gaius Livius, Marco Lívio Druso Libão, fillo adoptivo, Lívia Drusa ![]() |
Pais | valor descoñecido Marcus Livius Drusus ![]() Servilia ![]() |
Irmáns | Livia (disputado) ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru ![]() |
Marco Livio Druso Claudiano (en latín, Marcus Livius Drusus Claudianus) finado no ano 42 a. C, foi un político e militar romano do século I a. C., pai da emperatriz Livia Drusila (consorte de Octavio Augusto)[1] e avó do emperador Tiberio. Pelexou ao lado dos libertadores na batalla de Filipos.
Traxectoria
Familia
Claudiano foi membro da familia dos Claudios Pulcros por nacemento, pero foi adoptado por Marco Livio Druso, tribuno da plebe no ano 91 a. C.[2] Casou con Alfidia, filla dun aristócrata provincial de Fundi, coa que tivo unha filla: Livia Drusila. Ao carecer de herdeiros homes, adoptou a un membro dos Escribonios Libones que tomou o nome de Marco Livio Druso Libón.
Carreira pública
Aparece mencionado por primeira vez no ano 59 a. C. entre os partidarios dos triunviros cando esperaba entrar nunha embaixada a Exipto. Ocupou a pretura no ano 55 [3] ou 50 a. C. Neste último ano presidiu un proceso xudicial rexido pola Lei Escantinia, aínda que tamén o puido ter presidido en calidade de iudex quaestionis.[4]
Probabelmente foi quen animou a Décimo Xunio Bruto Albino, un dos conspiradores contra César. Após a morte de Xulio César, uniuse aos libertadores e loitou no seu bando na batalla de Filipos. Cando Casio e Bruto se quitaron a vida despois da súa derrota na batalla de Filipos (42 a. C.), Claudio seguiu o seu exemplo e suicidouse tras a derrota.[5]
Notas
- ↑ "Livia, Empress of Rome av Matthew Dennison (Ebok)". Bokus.com (en sueco). Consultado o 2022-03-20.
- ↑ Pettinger 2012, p. 224.
- ↑ Gruen 1995, p. 318.
- ↑ Levick 1999, p. 2.
- ↑ Levick 1999, p. 3.
Véxase tamén
Bibliografía
- Brennan, T. C. (1999). The Republic in Danger: Drusus Libo and the Succession of Tiberius (en inglés). Routledge.
- Gruen, E. S. (1995). The Last Generation of the Roman Republic (en inglés). University of California Press. ISBN 9780520201531
- Levick, B. (2012). Tiberius the Politician (en inglés). Oxford University Press.
- Pettinger, A. (2001). The Praetorship in the Roman Republic, vol. 2 (en inglés). Oxford University Press.