Meg White

Meg White
Meg no Primavera Sound '07, en Barcelona
Nome completoMegan Martha White
Data nacemento10 de decembro de 1974 (49 anos)
Nado enGrosse Pointe Farms, Míchigan
CónxuxeJack White e Jackson Smith
Ocupaciónfotógrafa, música, actriz, percusionista, cantante e guitarrista
Instrumento(s)batería
Relacionado conThe White Stripes
Na rede
http://www.whitestripes.com/
IMDB: nm1353108 Allocine: 94146 Allmovie: p376727
Musicbrainz: e49683e5-61e8-4f82-9069-e5d622bbb342 Discogs: 367269 Allmusic: mn0000628461 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Megan Martha White, nada o 10 de decembro de 1974, en Grosse Pointe Farms, Míchigan, é unha batería estadounidense. Foi a batería da banda de rock de Detroit The White Stripes, que formou xunto con Jack White e que se disolveu en xaneiro do ano 2011[1].

Traxectoria

Meg medrou na área de Detroit. Antes de comezar a tocar a batería, traballaba de camareira no Memphis Smoke, un bar da zona de Detroit. Traballando alí unha noite en 1994 coñeceu a Jack White e eles casaron o 21 de setembro de 1996.

Jack pasou gran parte dos 90 de banda en banda, pero en 1997 Meg decidiu comezar a tocar a batería. O matrimonio converteuse entón nunha banda e The White Stripes fixo o seu primeiro concerto en Detroit pouco tempo despois. Eles divorciáronse no ano 2000, despois de facerse famosos por todo o país, pero a banda sobreviviu.

Malia que Jack é o que normalmente canta na banda, Meg puxo as voces en "In the Cold, Cold Night", do seu cuarto disco Elephant, e en "Passive Manipulation", do seu quinto traballo Get Behind Me Satan. O seu estilo minimalista, que lembra a batería Maureen Tucker, da banda Velvet Underground, foi debate dos fans que falan da súa falta de habilidade.

Notas

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2014. Consultado o 10 de febreiro de 2011.