"There's No Home for You Here" é unha canción da banda estadounidense de garage rockThe White Stripes, editada como cuarto sinxelo do seu álbum Elephant o 15 de marzo do 2004 no Reino Unido. A cara-b do vinilo de 7" é un medley de "I Fought Piranhas" e "Let's Build a Home" (dos álbums The White Stripes e De Stijl respectivamente). Foi gravada nos Electric Lady Studios o 16 de novembro de 2003 e non conseguiu entrar nas listas.
Listaxe de cancións
Cara A
"There's No Home for You Here" (Jack White) - 3:43
Cara B
"I Fought Piranhas"/"Let's Build a Home" (live at Electric Lady Studios) (The White Stripes) - 5:14