Menchu Álvarez del Valle

Modelo:BiografíaMenchu Álvarez del Valle
Biografía
Nacemento(es) María del Carmen Álvarez del Valle Editar o valor en Wikidata
16 de xaneiro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Santander, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 2021 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Ribeseya, España Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoRaça Mediterrânea (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Oviedo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, locutor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1947 Editar o valor en Wikidata - 1990 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorGrupo PRISA
RTVE Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJosé Luis Ortiz Velasco Editar o valor en Wikidata
FillosJesús José Ortiz Álvarez Editar o valor en Wikidata
ParentesLetizia Ortiz, son's daughter
Víctor Elías Villagrasa, sobriño neto
Telma Ortiz Rocasolano, son's daughter
Érika Ortiz Rocasolano, son's daughter
Lionor de Borbón, bisneta
Sofía de Borbón, bisneta
Carla Vigo, bisneta
Filipe de Borbón e Grecia, spouse of grand-child
Amanda, bisneta
Erin, bisneta
Francisco Rocasolano Camacho, consogro
Enriqueta Rodríguez Figueredo, consogro Editar o valor en Wikidata
Premios

María del Carmen Álvarez del Valle, máis coñecida como Menchu, nada en Santander o 16 de xaneiro de 1928 e finada en Ribeseya o 27 de xullo de 2021,[1] foi unha xornalista radiofónica española e avoa paterna da raíña de España, Letizia Ortiz Rocasolano.

Biografía

Considerada unha das voces máis populares da radio asturiana, tivo dúas irmás: María Flora (1921) e Marisol del Valle (1936), tamén xornalista radiofónica e profesora de comunicación audiovisual. A súa nai chamábase Plácida del Valle Arribas (1900-1993) e o seu pai, Eulalio Álvarez de la Fuente (1897-1983), foi ferroviario.

Naceu en Santander, pero viviu en Oviedo dende os dezaseis anos. Frecuentou a radio dende moi nova, iniciándose en Radio Asturias. En 1947 entrou en Radio Oviedo (despois REM), La Voz del Principado, Radiocadena Española e finalmente Radio Nacional de España. Durante 42 anos traballou ben como locutora, ben como creadora de novos espazos radiofónicos, destacando entre os seus programas Coser y cantar e Rumbo a la gloria. Prexubilouse en 1990. Ao longo da súa carreira recibiu múltiples galardóns.

Saltou á fama nacional por ser a avoa de Letizia Ortiz Rocasolano, tamén xornalista, cando esta anunciou o seu compromiso matrimonial co Príncipe de Asturias. O seu marido, José Luis Ortiz Velasco, representante da firma Olivetti, faleceu no seu domicilio de Sardéu, en Ribeseya (Asturias), o 30 de marzo de 2005 aos 82 anos.

Menchu recibiu o 13 de febreiro de 2013 o Premio Nacional de Radio; a súa irmá Marisol tamén foi galardoada na mesma edición, sendo o nome concreto do galardón que reciben Premio María Elena Domenech. O devandito premio é outorgado pola Academia das Artes e as Ciencias Radiofónicas de España.

Notas

  1. López, M. (27 de xullo de 2021). "Luto en Ribadesella por la muerte de Menchu Álvarez del Valle: "Nos hemos quedado huérfanos", aseguran sus amigos". La Nueva España (en castelán) (Ribeseya). Consultado o 27 de xullo de 2021. 

Véxase tamén