Mergus octosetaceus
Mergus octosetaceus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Macho en Minas Gerais, Brasil | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
![]() Crítico[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Mergus octosetaceus Vieillot, 1817 | |||||||||||||||||||
![]() |
Mergus octosetaceus é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos, unhas das catro incluídas no xénero Mergus.
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1817 polo ornitólogo francés Louis Jean Pierre Vieillot,[2][3] na páxina 222 da súa obra:
Non ten sinónimos nin subespecies.[2][3]
Características
Ten a cabeza e o fino pescozo anegrados, presentando un logo copete nucal, o dorso é de cor parda escura, cun amplo espello alar branco, máis notábel en voo. O ventre é barreado de cor parda ocrácea. O pico é longo e fino, de cor negra. As patas son avernelladas.
Hábitat e distribución
O seu hábitat de cría son os ríos pouco profundos, rápidos e fluídos do sur e o centro do Brasil e o leste de Paraguai. Na Arxentina está presente na provincia de Misiones soamente.
Bioloxía
Aniñan nas cavidades dunha árbore e, posibelmente, nas cavidades de rochas. Comen peixes, principalmente anguías pequenas, larvas de insectos e caracois.
Monumento natural
Mergus octosetaceus foi declarado monumento natural da provincia de Misiones na Arxentina pola ley nº 3320 sancionada o 22 de agosto de 1996.[4]
Estado de conservación
Esta especie está en perigo de extinción crítico. As poboaciónes reducíronse debido á contaminación dos ríos, á destrución dos bosques e a extensión da agricultura. A poboación actual estímase en menos de 250 parellas.
Rexistros recentes no Brasil indican que o estado da especie pode ser lixeiramente mellor do que se pensaba. Porén, o resto da poboación coñecida aínda é extremadamente pequena e fragmentada, e é probáblel que a perturbación do hábitat, os encoros, e a contaminación dos ríos estean provocando un continuo descenso.[1]
Por estes motivos, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais catalogou o seu status como CR (en perigo crítico de extinción). Pero máis informacións sobre o tamaño da poboación (en particular se supera os 250 individuos maduros) e sobre a estrutura da subpoboación pode provocar a súa inclusión no futuro na categoría "en perigo de extinción".[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2019): Mergus octosetaceus na Lista vermella da UICN. Consultada o 26 de novembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Mergus octosetaceus Vieillot, 1817 no GBIF. Consultado o 26 de novembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Mergus octosetaceus Vieillot, 1817 na BioLib. Consultada o 26 de novembro de 2022.
- ↑ LEY XVI – Nº 44 (Antes Ley 3320) Arquivado 18 de febreiro de 2018 en Wayback Machine..
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- BirdLife Species Factsheet
- ARKive – images and movies of the Brazilian merganser (Mergus octosetaceus)
- Brazilian Merganser on postage stamps