Número atómico

Z - Número atómico

O número atómico é o número enteiro positivo que designa o número de protóns que hai no núcleo dun átomo. Represéntase coa letra Z. Este número é característico de cada elemento químico e representa unha propiedade fundamental do átomo: a súa carga nuclear.

Nun átomo eléctricamente neutro (sen carga eléctrica neta), o número de electróns é igual ao de protóns. Así, o número atómico indica asemade o número de electróns dun átomo e define a súa configuración electrónica.

Historia

En 1913 Henry Moseley demostrou a relación existente entre os valores das lonxitudes de onda dos raios X emitidos por diferentes elementos logo de ser bombardeados con electróns, e os números atómicos destes elementos [1]. Este feito permitiu clasificar os elementos da táboa periódica por orde crecente do seu número atómico, tal como se utiliza na actualidade.

Lista de elementos químicos por número atómico

Notas

  1. "Ficha sobre Henry Moseley". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2013. Consultado o 04 de marzo de 2010.