Newport Gwent Dragons
![]() | |||
Unión | Welsh Rugby Union | ||
---|---|---|---|
Fundación | 2003; hai 22 anos | ||
Sede | ![]() | ||
Estadio(s) | Rodney Parade | ||
Capacidade | 8.700 espectadores | ||
Presidente | David Buttress | ||
Adestrador | Dean Ryan | ||
Capitán | Cory Hill | ||
Caps | Lewis Evans (220) | ||
Anotador | Jason Tovey (974) | ||
Ensaios | Aled Brew (43) | ||
Liga(s) | Pro14 | ||
2018−19 | 6º (conferencia B) | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.dragonsrugby.wales/ | |||
![]() ![]() ![]() |
Os Dragons (en galés: Dreigiau) son un dos catro equipos profesionais rexionais de rugby de Gales. O club é propiedade da Welsh Rugby Union e xoga principalmente os seus encontros como local no Rodney Parade, un estadio con capacidade para 8.700 espectadores situado en Newport. Os Dragons compiten no Pro14, unha competición profesional que agrupa equipos de Gales, Escocia, Irlanda, Italia e Suráfrica, así como en competicións europeas como a Champions Cup ou a Challenge Cup na tempada 2008-09.
Fundado en 2003 como resultado da introdución de equipos rexionais en Gales, os Dragons abarcan a rexión sueste do país, incluíndo Blaenau Gwent, Caerphilly, Monmouthshire, Newport e Torfaen, cunha poboación total duns 600.000 habitantes. Ademais, ten afiliados varios equipos semi-profesionais e afeccionados, como por exemplo o Bedwas RFC, o Cross Keys RFC, o Ebbw Vale RFC e o Newport RFC da Welsh Premier Division.[1]
Elenco
Os seguintes son os xogadores dos Dragons para o Pro14 de 2019−20.[2]
Xogadores destacados
British and Irish Lions

Os seguintes xogadores xogaron cos British and Irish Lions.
Xogador | Unión | Xira |
Michael Owen | ![]() |
2005 (Nova Zelandia) |
Gareth Cooper | ![]() |
2005 (Nova Zelandia) |
Dan Lydiate | ![]() |
2013 (Australia) |
Taulupe Faletau | ![]() |
2013 (Australia) |
Cory Hill | ![]() |
2017 (Nova Zelandia) |
Adestradores

Nome | Nacionalidade | Anos |
---|---|---|
Mike Ruddock | ![]() |
2003–2004 |
Declan Kidney | ![]() |
2004 |
Chris Anderson | ![]() |
2004–2005 |
Paul Turner | ![]() |
2005–2011 |
Darren Edwards | ![]() |
2011–2014 |
Lyn Jones | ![]() |
2014 |
Kingsley Jones | ![]() |
2014–2017 |
Bernard Jackman | ![]() |
2017– |
Notas
- ↑ "Newport Gwent Dragons: Club Directory". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2008. Consultado o 17 de setembro de 2009.
- ↑ "Senior Squad". Dragons Rugby. Consultado o 16 de novembro de 2019.