Norman McLaren

Norman McLaren
Nacemento11 de abril de 1914 e 1914
Lugar de nacementoStirling
Falecemento27 de xaneiro de 1987 e 1987
Lugar de falecementoMontreal
NacionalidadeCanadá
Alma máterEscola de Arte de Glasgow e Stirling High School
Ocupacióndirector de cinema, animador, guionista, director de fotografía, realizador e produtor
PremiosPrix Albert-Tessier, Companion of the Order of Canada, Prêmio Molson, Knight of the National Order of Quebec, Óscar á mellor curtametraxe documental, Winsor McCay Award e honorary Royal Designer for Industry
Na rede
IMDB: nm0572235 Allocine: 3457 Allmovie: p102215
Musicbrainz: 40f73508-886c-410c-9874-64dcaa3fc77f Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Norman McLaren , nado en Stirling, Escocia en 1914 e finado en Montreal, Canadá en 1987 é considerado un dos pais da animación experimental.

Traxectoria

Formación

Na Escola de Belas Artes de Glasgow descubriu o cinema soviético -Eisenstein, Pudovkin, etc.- e decatouse da capacidade expresiva dos recursos que lle ofrecía o medio. Comezou a súa carreira na General Post Office Film Unit de Londres, onde comezou a explorar a animación tradicional e experimental, pintando directamente sobre celuloide.

Traballo na guerra

Traballou como cámara durante a guerra civil española e, co estalido da segunda guerra mundial, emigrou aos Estados Unidos. Dous anos máis tarde, marchou ao Canadá, aceptando a invitación do National Film Board of Canada.

Obra

Comezou a traballar na NFB do Canadá e nesa institución desenvolveu o groso do seu traballo.

McLaren realizou até 59 obras, explorando arte abstracta, arte figurativa e imaxe real, e foi un dos pioneiros na aplicación do son sintético (pintado directamente na banda sonora) ás súas obras. En todos os seus campos, o director investigou multitude de técnicas, dende a modificación de cadros en pastel até a animación de imaxes reais fotograma a fotograma, dende a pintura directa sobre celuloide até as figuras recortadas en papel.[1]

Notas

  1. "Norman McLaren". Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (en catalán). 

Véxase tamén