O2 Arena (Praga)
Coordenadas: 50°06′15″N 14°29′37″L / 50.104167, 14.493611
O2 Arena | |
---|---|
Vista xeral | |
Datos | |
Localización | Ocelářská 460/2, 190 00Praga 9 - Libeň República Checa |
Outros nomes | Sazka Arena |
Construción | |
Inauguración | 27 de marzo de 2004[1] |
Custo | 347 € |
Estadio | |
Capacidade | 18.000 espectadores (concertos) 17.360 espectadores (hóckey sobre xeo) 16.805 espectadores (baloncesto) |
Localía | HC Slavia Praha (Extraliga dende o 2004 HC Lev Praha (KHL ocasionalmente) |
Eventos | |
|
O O2 Arena, antes chamado Sazka Arena, é un pavillón multiúsos da cidade de Praga (República Checa). Foi construído para acoller o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo 2004. No 2006 acolleu a Final Four da Euroliga de baloncesto. Dende o 2004 é o estadio local do HC Slavia Praha, equipo de hóckey sobre xeo que compite na Extraliga Checa, e ocasionalmente dende do HC Lev Praha equipo de hóckey sobre xeo que compite na Kontinental Hockey League (KHL).
Historia
A idea de construír un novo estadio en Praga tivo lugar pouco despois da "época dourada" do hóckey sobre xeo, gañando tres medallas de ouro consecutivas. A construción do estadio foi proposta para albergar o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo 2003, mais debido a complicacións cos investidores, a federación de hóckey sobre xeo tivo que trasladar a sede do campionato a Finlandia. Sazka a.s. (unha casa de apostas checa) converteuse no principal patrocinador do estadio.
A construción do estadio (que comezou en 2002) contou con algúns contratempos, mais finalmente rematouse a tempo para a tempada 2004, acollendo ese ano o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo.[2]
En marzo de 2008, o edificio foi renomeado O2 Arena.[3] En outubro dese mesmo ano, os New York Rangers e os Tampa Bay Lightning comezaron a Tempada 2008-09 da NHL no O2 Arena con dous partidos. Ao mes seguinte, o pioneiro da música electrónica francesa Jean Michel Jarre levou o seu álbum Oxygène ao estadio como parte da segunda etapa do Oxygène 30th anniversary tour. En decembro do 2008, o estadio albergou os partidos do play-off do Campionato do Mundo de floorball masculino 2008, incluíndo a final na que Finlandia derrotou por 7 a 6 a Suecia.
Sting levou o seu Symphonicities Tour o 22 de setembro de 2010 xunto coa Royal Philharmonic Orchestra.
A principios de outubro de 2010, os equipos da National Hockey League Boston Bruins e Phoenix Coyotes xogaron dous partidos back-to-back no estadio para comezar as súas respectivas tempadas regulares na Tempada 2010-11 da NHL.
En novembro do 2010 Lady Gaga actuou no estadio durante o seu Monster Ball Tour.
En marzo de 2011, Sazka declarouse insolvente debido ás débedas pola construción do novo estadio. [4][5]
Características
- Número de andares: 6
- Superficie de cada andar: 35,000 m²
- Capacidade: 18,000 espectadores de pé (depende do evento)
- Club e Asientos de luxo: 2,460
- Skyboxes: 66
- Salóns de festa: 4
- Prazas nos bares, restaurantes e cafeterías: 2,900
- Estacionamentos: 280 prazas
- Poboación da súa zona de influencia: 1.5 a 1.8 millóns de persoas
Accesos
O O2 Arena é facilmente accesible, podéndose chegar en transporte público na estación de metro de "Českomoravská", na liña B, paradas de tranvía e paradas de autobús; a estación de tren "Praha Libeň" tamén está moi preto do estadio.
Concertos
Imaxes
-
Interior do O2 Arena.
-
Vista da rúa Ocelářská.
-
Panorámica do O2 Arena.
Notas
- ↑ Sazka Arena – the most modern multipurpose arena in the world
- ↑ Sazka sports arena opened amid bitter political dispute over money en radio.cz (29 de marzo de 2004)
- ↑ Praha prijde o Sazka Arenu. Stane se z ni O2 Arena – Domaci – Hokej – Sportplus – Aktualne.cz
- ↑ http://www.reuters.com/article/2011/03/26/sazka-idUSLDE72P07H20110326 Arquivado 29 de marzo de 2011 en Wayback Machine. Czech lottery firm Sazka files for insolvency
- ↑ http://www.ft.com/cms/s/2/ebc918b0-61ca-11e0-88f7-00144feab49a,dwp_uuid=e8477cc4-c820-11db-b0dc-000b5df10621.html Arquivado 10 de abril de 2011 en Wayback Machine. Balls up: Czech lottery ruled insolvent
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sitio web oficial do O2 Arena (en checo) (en inglés)