O detective Conan: Encrucillada na antiga capital
O detective Conan: Encrucillada na antiga capital | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 名探偵コナン 迷宮の十字路 |
Director | Kanetsugu Kodama |
Guión | Gosho Aoyama Akira Nishimori |
Música | Katsuo Ono Mai Kuraki |
Estudio | TMS |
Distribuidora | Arait Multimedia (Galicia) |
Estrea | 19 de abril de 2003 2 de agosto de 2013 (TVG) |
Duración | 110 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Filme anterior | O detective Conan: A pantasma de Baker Street |
Filme seguinte | O detective Conan: O mago do ceo prateado |
Na rede | |
http://www.conan-movie.jp/index.html | |
O detective Conan: Encrucillada na antiga capital (名探偵コナン 迷宮の十字路 Meitantei Konan: Meikyū no Kurosuroodo?, literalmente A encrucillada no labirinto) é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 19 de abril do 2003.
En galego, estreouse na TVG o 2 de agosto do 2013.
Sinopse
Un segredo oculto nun taboleiro do xogo do go... O escenario do novo filme do detective Conan é a antiga capital xaponesa: Kyoto.
As cinco vítimas dunha serie de asasinatos que acontecen alí son membros da gavela de ladróns Genji Botaru, que se dedicaron no pasado a furtar estatuas famosas de Buda e outras obras de arte. Desta vez Heiji, un detective adolescente con moita sona e rival e amigo de Conan, axudará coa resolución do misterio. Tamén aparecerá Kazuha, a moza de Heij. Os espectadores han gozar vendo as escenas de amor entre esta parella e a de Conan e Ran, e mais os versátiles trucos que se irán amosando na longametraxe.
Conan atópase en Quito xunta Ran e o detective Mouri para investigar o roubo dun tesouro nacional do célebre Templo Sanno hai oito anos. A única pista para dar co paradoiro é unha imaxe misteriosa. Conan, sospeitando que o roubo está relacionado co caso dos asasinatos en serie, comeza a investigar. Xunto con Heiji, unirase nunha procura chea de perigos e sorpresas. Unha canción infantil abre a porta da memoria que axudará a dar co misterio que se oculta na misteriosa imaxe.
Será quen Conan de saír da encrucillada que envolve xa máis dun século de historia?
Dobraxe
- Estudio: Sodinor
- Data: 2013.
- Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Elenco da dobraxe:
Personaxe | Actor de dobraxe |
Actor orixinal |
---|---|---|
Conan Edogawa | Teresa Santamaría | Minami Takayama |
Shinichi Kudo | Gaspar Somoza | Kappei Yamaguchi |
Ran Mouri | Isabel Vallejo | Wakana Yamazaki |
Kogoro Mouri | Matías Brea | Akira Kamiya |
Hiroshi Agasa | Paco Barreiro | Kenichi Ogata |
Inspector Megure | Alfonso Valiño | Furin Cha |
Genta Kojima | Antón Rey | Wataru Takagi |
Mitsuhiko Tsuburaya | Montse Davila | Ikue Otani |
Ayumi Yoshida | Marián Muíño | Yukiko Iwai |
Sonoko Suzuki | Nora Abad | Naoko Matsui |
Inspector Shiratori | César Cambeiro | Kazuhiko Inoue |
Axente Takagi | Manolo Pombal | Wataru Takagi |
Ai Haibara | Helena Amoedo | Megumi Hayashibara |
Axente Sato | Montse Davila | Atsuko Yuya |
Heiji Hattori | Monti Castiñeiras | Ryo Horikawa |
Kazuha Toyama | Xermana Carballido | Yuko Miyamura |
Inspector Otaki | Antón Cancelas | Norio Wakamoto |
Fuminaro Ayanokoji | Antón Olmos | Ryotaru Okiayu |
Rokuro Kamei | Carlos Jiménez Díaz | Kozo Mito |
Shichiro Washino | Manolo Pombal | Shinobu Satochi |
Hachiro Kataoka | Alfonso Agra | Kiyomitsu Mizuchi |
Ryuen | Santiago Cortegoso | Daiki Nakamura |
Enkai | Alfonso Agra | Keisuke Ihara |
Shozo Sakura | Xavier Perdiz | Saburo Kamei |
Shuntaro Mizuo | Carlos Jiménez Díaz | Koji Yusa |
Taiga Saijo | Antón Rubal | Hirotaka Suzuoki |
Tae Yamakura | Lucía Cid | Hiroko Suzuki |
Chikasuzu | Beatriz García | Mari Adachi |
Kayo Ichi | Ana Lemos | Rei Sakuma |
Música
A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Time after Time ~Hana mau machi de~ " (O tempo tras o tempo ~Os pétalos das flores levitan no ar~ ), interpretada por Mai Kuraki.
Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2004.