O detective Conan: Engaiolado nos seus ollos
O detective Conan: Engaiolado nos seus ollos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 名探偵コナン 瞳の中の暗殺者 |
Director | Kanetsugu Kodama |
Guión | Gosho Aoyama Kazunari Kochi |
Música | Katsuo Ono Miho Komatsu |
Estudio | TMS |
Distribuidora | Arait Multimedia (Galicia) |
Estrea | 22 de abril de 2000 14 de xullo de 2013 (TVG) |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Filme anterior | O detective Conan: O derradeiro mago do século |
Filme seguinte | O detective Conan: Conta atrás cara ao ceo |
Na rede | |
O detective Conan: Engaiolado nos seus ollos (名探偵コナン 瞳の中の暗殺者 Meitantei Conan: Hitomi no Naka no Ansatsusha?, literalmente O asasino nos seus ollos) é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 22 de abril do 2000.
En galego, estreouse na TVG o 14 de xullo do 2013.
Sinopse
Un inspector da policía é atacado perante Conan e a Asociación de Detectives Xuvenís. Este é o comezo duns asasinatos en serie que involucran a todo o corpo de Policía Metropolitana. Poden estar detrás dos crimes un grupo de radicais? Pouco despois aparecen mortos dous axentes coa súa placa de policía ao carón, o que confirma os asasinatos en serie. Conan xunta Kogoro tratará de resolver o caso, pero o Inspector Megure non quere falar moito do tema, malia ter colaborado sempre con eles.
Shiratori fala do "NON LLE CONVÉN SABELO", unha frase que simboliza o feito de que no caso estean involucrados axentes da policía. E os casos de asasinato seguen acontecendo... A axente Sato é atacada e Ran aparece ao pé dela manchada de sangue, o que fai que, confundida, caia nunha amnesia, acompañada dun sentimento de saudade.
Agora é Conan quen só pode resolver o caso, protexendo ao mesmo tempo a Ran, a quen o verdadeiro asasino quere matar porque lle viu a cara na escena do crime.
Dobraxe
- Estudio: SODINOR S.A.
- Data: 2013.
- Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Elenco da dobraxe:
Personaxe | Actor de dobraxe |
Actor orixinal |
---|---|---|
Conan Edogawa | Teresa Santamaría | Minami Takayama |
Shinichi Kudo | Gaspar Somoza | Kappei Yamaguchi |
Ran Mouri | Isabel Vallejo | Wakana Yamazaki |
Kogoro Mouri | Matías Brea | Akira Kamiya |
Hiroshi Agasa | Paco Barreiro | Kenichi Ogata |
Inspector Megure | Alfonso Valiño | Furin Cha |
Genta Kojima | Antón Rey | Wataru Takagi |
Mitsuhiko Tsuburaya | Montse Davila | Ikue Ohtani |
Ayumi Yoshida | Marián Muíño | Yukiko Iwai |
Sonoko Suzuki | Nora Abad | Naoko Matsui |
Inspector Shiratori | César Cambeiro | Kaneto Shiozawa |
Axente Takagi | Manolo Pombal | Wataru Takagi |
Ai Haibara | Helena Amoedo | Megumi Hayashibara |
Axente Sato | Montse Davila | Atsuko Yuya |
Axente Chiba | Antón Rubal | Isshin Chiba |
Eri Kisaki | Charo Pena | Gara Takashima |
Midori Kuriyama | Xermana Carballido | Asoko Dodo |
Toshiro Odagiri | Santiago Cortegoso | Koji Nakata |
Osamu Narasawa | Antón Olmos | Yu Shimaka |
Kyosuke Kazato | Antón Ja | Kazuhiko Inoue |
Toshiya Odagiri | Antón Olmos | Hisao Egawa |
Tamotsu Jinno | Santiago Cortegoso | Naoya Uchida |
Inspector Tomonari | Santiago Cortegoso | Takao Oyama |
Tamaki Jinno | Xermana Carballido | Rika Fukami |
Makoto Tomonari | Óscar Fernández | Toshiyuki Morikawa |
Sara Shiratori | Ana Lemos | Sayaka Ohara |
Recepcionista | Ana Lemos | Akiko Koike |
Enfermeira | Ana Lemos | Mitsuki Saiko |
Nakano | Antón Olmos | Takashi Nagasako |
Amigo | Óscar Fernández | Yasuyuki Kase |
Youichiro Shiba | Antón Rubal | Jin Yamanoi |
Presentador | Óscar Fernández | Hiriomichi Ogami |
Xornalista | Antón Rubal | Yukino Yokosuka |
Música
A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Anata Ga Iru Kara" ("Porque ti estás aquí"), interpretada por Miho Komatsu.
Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2001.