Odesa
| Одеса (uk) | |||||||
| Alcume | Одеса-мама, Одесса-мама, Odesa-Mama, Південна Пальміра, Южная Пальмира e Southern Palmira | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Odessos (en) | ||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Estado | Ucraína | ||||||
| Óblasts | Óblast de Odesa | ||||||
| Raião da Ucrânia (pt) | Odesa Raion (en) | ||||||
| Hromada (en) | Odesa Urban Hromada (en) | ||||||
| Capital de | |||||||
| Contén a división administrativa | |||||||
| Poboación | |||||||
| Poboación | 1.010.537 (2022) | ||||||
| Lingua usada | lingua rusa lingua ucraína lingua romanesa lingua búlgara | ||||||
| Xeografía | |||||||
| Parte de | |||||||
| Superficie | 236,9 km² | ||||||
| Bañado por | Gulf of Odesa (en) | ||||||
| Altitude | 40 m | ||||||
| Comparte fronteira con | |||||||
| Datos históricos | |||||||
| Precedido por | |||||||
| Creación | século XV | ||||||
Evento clave
| |||||||
| Organización política | |||||||
| • Alcalde | Gennadiy Trukhanov (pt) | ||||||
| Membro de | |||||||
| Identificador descritivo | |||||||
| Código postal | 65000–65480 | ||||||
| Fuso horario | |||||||
| Prefixo telefónico | 048 | ||||||
| Outro | |||||||
| Irmandado con | Tbilisi (1996–) | ||||||
| Sitio web | omr.gov.ua | ||||||
Odesa[1] (en ucraíno: Одеса) é unha cidade costeira de Ucraína no Mar Negro. Ten o maior porto do país e é unha cidade de importancia rexional e cidade heroica dende o 1945. A cidade é a terceira do país en termos de poboación, despois de Kíiv e Khárkiv (1.014.563 de habitantes o 1 de abril de 2013).
No centro da cidade ten un importante conxunto de edificios da época clásica, ademais conta co monumento ao Duque de Richelieu, as Escaleiras Potemkin e os palacios Vorontsov, Potocki, Bzhozovskoho e Naryshkin.
Odesa é unha das cidades máis antigas de Ucraína.
Símbolos
Oficialmente os símbolos de Odesa aprobados son: un escudo, unha bandeira, un himno, o símbolo do alcalde, cuxa utilización é oficial para os carteis urbanos aprobados polo Concello. Ademais, a cidade ten un logotipo de turismo.

O escudo de armas é un escudo español vermello coa imaxe dunha áncora con catro patas brancas dentro. Este está enmarcado cun marco dourado decorativo e decorado arriba con tres torres. Baixo a torre está a estrela de ouro, que certifica o seu título de cidade heroica. O primeiro escudo foi aprobado o 22 de abril do ano 1798. A bandeira consiste nun pano rectangular dividido en tres franxas verticais, unha vermella, outra branca e a última amarela. No centro, na franxa branca está o escudo de armas. A última modificación da bandeira e do escudo de armas foi aprobada o 29 de abril do ano 2011.
O 5 de xuño de 2012, Artemy Lebedev publicou un libro chamado "Identidade de Odessa", no que, entre outras cousas, incluíu un logotipo de turismo , que finalmente foi adoptado como o "símbolo do turismo" da cidade de Odesa.[2]
Xeografía
Odesa está situada na costa noroeste do Mar Negro, no centro do Óblast de Odesa. Gran parte da cidade está situada nunha chaira, a 50 metros sobre o nivel do mar. A altura mínima é de 4,2 m por baixo do nivel do mar e a altura máxima é de 65 m (monte Zhevakhov). A área da cidade chega a 162,42 km², a densidade de poboación é de 6.246,54 hab/km².
Infraestruturas
Transporte Urbano
En Odesa, hai tranvía, trolebús, autobús urbano, servizo de taxi, funicular e barco e está planificado un light-rail .
Conexións de longa distancia
Nos arredores da cidade antiga está situada unha estación ferroviaria que ten as seguintes liñas: Odesa-San Petersburgo, Odesa-Cheliabinsk, Odesa-Bakú e Odesa-Berlín.
Nas aforas, a 7 km, esta o aeroporto internacional de Odesa que está ligado ás principais cidades de Europa, Asia, e Oriente Medio.
Ademais, a cidade ten varias estacións de autobuses.
Notas
- ↑ "O Seminario de Onomástica aproba a adaptación dos nomes da capital e doutras cidades ucraínas". Real Academia Galega. 8 de marzo de 2022.
- ↑ Артемий Лебедев подарил Одессе новый туристический логотип (фото), logo de Odessa (en ruso).