Oswald de Northumbria
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 604 (Gregoriano) ![]() Reino de Deira ![]() |
Morte | 5 de agosto de 642 ![]() Oswestry, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | Batalla de Maserfield ![]() |
Lugar de sepultura | Catedral de Durham ![]() |
Rei de Northumbria | |
634 – 5 de agosto de 642 | |
Rei de Bernicia | |
634 – 5 de agosto de 642 ← Eanfrith de Bernicia – Oswiu de Northumbria → | |
Rei de Deira | |
634 – 5 de agosto de 642 ← Osric de Deira – Oswine de Deira → ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Reino de Northumbria ![]() |
Ocupación | monarca ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 5 de agosto ![]() |
Patrón de | Reino de Northumbria ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | unknown daughter of Cynegils of Wessex ![]() |
Fillos | Aethelwald de Deira ![]() |
Pais | Æthelfrith de Northumbria ![]() ![]() |
Irmáns | Ebe de Coldingham Eanfrith de Bernicia Oswiu de Northumbria ![]() |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography The Nuttall Encyclopædia >>>:Oswald, St. Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ee/Saint_Oswald_Durham_Cathedral.jpg/220px-Saint_Oswald_Durham_Cathedral.jpg)
Oswald, nado c. 604 e finado o 5 de agosto de 642, foi un rei cristián de Northumbria no século VII, cando o territorio de Inglaterra estaba dividido en pequenos reinos rexidos por liñaxes de orixe xermánica[1].
Traxectoria
Sobriño materno do tamén rei northumbrio Edwin, en 633 reunificou o reino de Northumbria, un ano despois de morrer o seu tío, e chegou a ser o monarca máis poderoso do seu tempo; o monxe Beda o Venerable incluíuno na súa lista de Reis Supremos da antiga Inglaterra, como práctico sucesor de Edwin.
Morreu na batalla de Maserfield contra o rei pagán Penda, o mesmo inimigo que eliminara a santo Edwin dez anos atrás. Como este, Oswald é tamén venerado como santo e como mártir, aínda que o seu culto, extraordinariamente popular, afogou ao do seu predecesor[2].
Sucedeuno no trono o seu irmán Oswiu.
Notas
- ↑ Beda dá o 642 como ano da morte de Oswald; porén, hai certa dúbida sobre se o que Beda consideraba ser o 642 é o mesmo que o que na actualidade sería considerado o 642.
- ↑ Catholic Encyclopedia: St Oswald