Pablo Escobar
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pablo Emilio Escobar Gaviria ![]() 1 de decembro de 1949 ![]() Rionegro, Colombia ![]() |
Morte | 2 de decembro de 1993 ![]() Medellín, Colombia ![]() |
Causa da morte | ferida por arma de fogo ![]() |
Lugar de sepultura | Medellín ![]() |
Membro da Cámara de Representantes de Colombia | |
20 de xullo de 1982 – 26 de outubro de 1983 (renuncia) Electo en: 1982 Colombian parliamentary election (en) ![]() | |
Director Cartel de Medellín (pt) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Outros nomes | El Patrón El Mágico El Zar de la Cocaína El Duro El Baron El Diablo El Padrino El Tutur Don Pablo El Doctor ![]() |
Residencia | La Catedral (pt) ![]() ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | situación penal, político ![]() |
Partido político | Partido Liberal Colombiano ![]() |
Membro de | |
Outro | |
Cónxuxe | María Isabel Santos Caballero (1976–1993), morte ![]() |
Parella | María Isabel Santos Caballero (valor descoñecido–1976) ![]() |
Fillos | Sebastián Marroquín ( ![]() Manuela Escobar ( ![]() ![]() |
Irmáns | Roberto Escobar Luz María Escobar ![]() |
Condenado por | narcotráfico Racketeering (pt) ![]() Suborno ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pablo Emilio Escobar Gaviria, nado en Rionegro, Antioquia, o 1 de decembro de 1949 e finado en Medellín o 2 de decembro de 1993, foi un narcotraficante colombiano. Foi o máximo líder do Cartel de Medellín e do grupo coñecido como Los Extraditables, chegou a ser o home máis poderoso da mafia colombiana, e mailo criminal máis rico e perigoso da súa época en todo o mundo.
Traxectoria
As autoridades vincúlano ao asasinato de máis de 10.000 persoas; un dos seus principais gardacostas e lugartenentes, John Jairo Velásquez Vásquez, alias Popeye, relacionouno co asasinato de centos de persoas.[1] No medio da guerra encarnizada que realizou contra o Estado colombiano desde 1984, a súa organización foi responsable de numerosos actos de terrorismo, entre eles, a colocación de máis de 250 bombas e ducias de matanzas que deixaron un total de 1.142 civís mortos, sen contar os miles de vítimas colaterais froito do fogo cruzado coas autoridades en Antioquia e Medellín. Foi responsable do asasinato de 657 policías entre 1989 e 1993,[2] e dun feroz enfrontamento co Cartel de Cali, os paramilitares do Magdalena Medio e finalmente con Los Pepes.
Organizou e financiou unha extensa rede de sicarios e, cos seus actos terroristas mediante o emprego de coches bomba nas principais cidades, desestabilizou Colombia, converténdose no criminal máis buscado do mundo a comezos dos anos 1990.[3][4] Tras fuxir do cárcere en xullo de 1992, o goberno de Colombia destinou uns catro mil efectivos e unha cantidade inxente de recursos para conformar o denominado Bloque de busca e recapturalo. Tras dezasete meses, e co apoio incondicional de grupos da intelixencia estadounidenses, localizárono nun barrio de Medellín, morrendo nun tiroteo coas forzas da lei.
Co comercio de cocaína amasou a fortuna máis grande do seu país e unha das meirandes do mundo.[5] Alcuñado «El Patrón», a súa fortuna estimábase entre os 9.000 e 15.000 millóns de dólares, aínda que segundo varias investigacións e informes da prensa especializada, o tráfico de drogas reportoulle beneficios de 25.000 millóns de dólares.[6][7][8][9]
Notas
- ↑ "Se confiesa "Popeye", mano derecha de Pablo Escobar" (en español). Caracol Radio. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 13 de novembro de 2014.
- ↑ "Escobar, el narco billonario que asesinó a diez mil personas", ABC, 17 de novembro de 2014
- ↑ "Una estratagema derrotó al criminal más buscado del mundo". El Tiempo. Consultado o 26 de abril de 2014.
- ↑ "¿Es el "Chapo" Guzmán el Pablo Escobar del siglo XXI?". BBC. Consultado o 26 de abril de 2014.
- ↑ "Forbes History: The Original 1987 List Of International Billionaires" (en inglés). Forbes Magazine. 1987. Consultado o 23 de febreiro de 2014.
- ↑ "Los 10 criminales más ricos del mundo". El Mundo. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2013. Consultado o 3 de decembro de 2013.
- ↑ "20 años de la muerte de Pablo Escobar". El País. Consultado o 3 de decembro de 2013.
- ↑ "Tres narcotraficantes colombianos en la lista de los criminales más ricos de Forbes". La República. Consultado o 3 de decembro de 2013.
- ↑ «Capo Pablo Escobar fue protegido del FSLN» Arquivado 05 de decembro de 2013 en Wayback Machine., La Prensa (Nicaragua).