Pictograma


Un pictograma[1] é un signo visual que representa esquematicamente un obxecto, acción ou concepto mediante unha imaxe simplificada. Son amplamente utilizados en instrucións de seguridade, interfaces dixitais etc.
Áreas de uso


Os pictogramas son ferramentas clave na comunicación visual, proporcionando unha forma rápida e intuitiva de transmitir información sen a barreira da linguaxe oral. Son deseñados para seren entendidos universalmente, reducindo detalles innecesarios para enfocar na mensaxe esencial. A súa capacidade para transcender as limitacións lingüísticas e culturais fainos especialmente valiosos en contextos internacionais e multilingües.
En arquitectura, enxeñaría e construción
Os pictogramas nestes eidos son usados para representar elementos ou procesos de xeito esquemático, facilitando a comunicación técnica en planos ou documentos relacionados. Nas infraestruturas de transporte, como estradas, son empregados nos sinais de tráfico, mapas etc.[2]
Psicoloxía e educación
Neste ámbito, os pictogramas axudan a facilitar a comunicación e o aprendizaxe, especialmente en contextos onde a lingua pode ser unha barreira, como no traballo con nenos pequenos ou persoas con dificultades de aprendizaxe, por exemplo con trastornos por déficit de atención ou do espectro autista.[3]
Ciencias da saúde e veterinaria
Os pictogramas son empregados para indicar procedementos, advertencias, e instrucións de maneira clara e rápida en ambientes médicos e veterinarios, onde a precisión e a rapidez na comunicación son fundamentais.[4] Tamén son usados dentro de disciplinas como a logopedia e a audioloxía, xa que facilitan a comunicación e a terapia con pacientes que teñen dificultades de fala ou audición.[5]
Importancia nos medios modernos
Na era dixital, os pictogramas son fundamentais para a navegación web e as interfaces gráficas de usuario, onde a claridade e a eficiencia son prioritarias. A súa aplicación vai desde iconas en software até símbolos en dispositivos móbeis e taboleiros de mandos.
Notas
- ↑ "pictograma". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2024-07-27.
- ↑ "Macmillan Visual Dictionary: Construction. Versión en galego: Dicionario visual da construción" (PDF). C.O.A.G. (Macmillan/ Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia): 4·19 (14). Setembro de 2008. Consultado o 28 de xullo de 2024.
- ↑ Bernardes, Claudine (2018-06-13). "PICTOCONTOS: A importância da linguagem Simbólica no Autismo". Educação Emocional e Terapia por meio de contos (en portugués). Consultado o 2024-07-28.
- ↑ Matos, Ciro Roberto de (2009-10-02). "Pictogramas e seu uso nas instruções médicas: estudo comparativo entre repertótios para instruções de uso de medicamentos" (en portugués). Universidade de São Paulo.
- ↑ "Convirte texto en pictogramas ARASAAC de forma gratuíta". Pictofacile. Consultado o 2024-07-28.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- ISO/IEC 18035:2003 Iconas e símbolos para internet e interface usuario (en inglés)
- Portal Aragonés de Comunicación Aumentativa e Alternativa (versións en galego e outras)