Pobo tutsi

Pobo tutsi
Poboación
Poboación total:
3 millóns
Rexións principais:
Aspectos culturais
Linguaruanda, inglés e francés
RelixiónCristianismo
Grupos
relacionados
Outros pobos bantús, especialmente os hutus e os twa

Os tutsis[1] son un grupo étnico da rexión dos Grandes Lagos Africanos. En Ruanda e Burundi, representan arredor do 15 ou 20% da poboación total destes dous estados. A súa economía tradicional está baseada na gandaría de bovinos, actividade que inflúe na súa estrutura política.

Os colonizadores europeos e sobre todo os misioneiros católicos desenvolveron a tese de que os tutsis tiñan unha orixe nilótica (unha raza superior segundo os colonizadores) mentres os hutus serían un pobo bantú. Semella que a interiorización destas ideas tiveron unha influencia nos conflitos entre as dúas etnias, unido á política colonial de favorecemento da etnia tutsi ou hutu, segundo conviña ós colonizadores alemáns e belgas. Coa independencia continuaron os favoritismos tribais gobernamentais. Isto supuxo o xenocidio dos tutsis en 1994.

Notas

  1. "Entrada tutsi en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2018. Consultado o 02 de maio de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas