Polysticta stelleri
Polysticta stelleri Eider de Steller | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Macho | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
![]() Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Polysticta stelleri (Pallas, 1769) | |||||||||||||||||||
![]() En verde escuro: área de cría; en verde claro: área de invernada; en vermello: área abandonada Área de distribución de Polysticta stelleri
En verde escuro: área de cría; en verde claro: área de invernada; en vermello: área abandonada | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Polysticta stelleri, coñecido na bibliografía internacional como eider de Steller, é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos, a única incluída no xénero Polysticta.
A pesar do seu nome vulgar, ten unha relación filoxenética moi afastada das outras especies de eideres existentes, que forman parte do xénero Somateria.
Taxonomía
Descrición
Xénero
O xénero foi descrito en 1836 polo naturalista inglés, especializado en aves e peixes, Thomas Campbell Eyton.[2][3]
Especie
A especie fora descrita en 1769 polo médico, zoólogo e botánico alemán, célebre polos seus traballos realizados en Rusia, baixo o nome de Anas stelleri.[2][3]
Sinónimos
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
- Anas spec Pallas, 1769
- Anas stelleri Pallas, 1769 (protónimo)
- Polystica stelleri (Pallas, 1769)
- Somateria stelleri (Pallas, 1769)
Etimoloxías
Xénero
O nome do xénero deriva do grego antigo πolυστικτός polystikós, "moi manchado", de πολύς polýs "moito", e στικτός stiktós, "manchado de varias cores".[4]
Especie
O epíteto específico, stelleri, foi unha homenaxe que Pallas lle fixo ao seu compatriota e contemporáneo, o explorador, antropólogo, ornitólogo, naturalista, botánico, médico e xeólogo Georg Wilhelm Steller, que tamén traballou en Rusia.[5]
Nota taxonómica
O eider de Steller foi separado doutras especies no seu propio xénero en 1945 debido a diferenzas anatómicas e de comportamento. En consecuencia, o eider de Steller pode sunbministrar un vínculo taxonómico entre as especies do xénero Somateria e os outros patos mariños.[6]
Distribución
Polysticta stelleri habita nas costas do Ártico. Reprodúcese entre o delta do río Kolyma e a península de Yamal, no océano Ártico, ao noroeste de Siberia, e na chaira ártica de Alasca.[7] Unha poboación remanente reprodúcese no oeste de Alasca.[1]
As poboaciónes non reprodutoras pasan o verán en Nova Zembla, Rusia, o norte de Noruega e as augas rusas adxacentes, e no suroeste de Alasca, e o inverno no norte do Xapón, no océano Atlántico nororiental e no mar Báltico.[1]
Características
Esta especie é o máis pequeno dos eideres. Mide de 43 a 46 cm, e pesa de 800 a 860 g.[8][9][10]
O macho é inconfundíbel, coas partes superiores negras e un colar tamén negro ao redor do prescozo, a cabeza branca e as patas dun ton amarelado. A súa voz consta dun canto profundo, aínda que é relativamente silencioso comparado cos eideres do xénero Somateria.[11]
A femia presenta unha plumaxe de cor parda escura. É máis pequena que o macho, e a cabeza e o corpo son máis parecidos aos dos patos comúns que aos dos outros eideres. Tamén ten un repertorio de gruñidos e silbidos.[11]
Bioloxía
É un pato mergullador ártico, migratorio, que se reproduce ao longo das costas do leste de Rusia e de Alasca. É o eider máis raro, pequeno e rápido,[11] por iso non está encadrado no xénero Somateria.
Constrúe os seus niños sobre a tundra, cerca do mar, e a femia pon entre seis e dez ovos en cada niñada.
Migra cara ao sur do mar de Bering, ao norte de Escandinavia e ao mar Báltico. Pode formar colonias moi numerosas, de máis de duascentas mil aves, nas costas adecuadas para a súa reprodución. Esta zona encóntrase un pouco máis ao sur do seu hábitat común.
Aliméntase de crustáceos, moluscos, poliquetos e larvas de insectos acuáticos obtidos en augas profundas, poucas veces preto da costa. Tamén se alimenta, de cando en vez, de restos de vexetais e de zosteras.[11]
Posíbel hibridación
Crese que o eider de Steller cruzouse e formou híbridos co eider común (Somateria mollissima) en polo menos dúas ocasións. En Alemaña encontrouse un exemplar macho con características de ambas as especies o 17 de novembro de 1993.[12] Pouco menos de dous anos máis tarde, o 7 de abril de 1995, avistouse outro macho en Noruega; publicouse unha fotografía desta ave nun libro de Forsman.[13]
Conservación
O eider de Steller é unha das especies protexidas polo Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-eurasiáticas. En Alasca existe un plan activo para a recuperación da especie.[14]
Ameazas
A través dunha variedade de efectos, o cambio climático representa potencialmente a maior ameaza para a especie. Os recentes cambios dramáticos na extensión e o espesor do xeo mariño do Ártico ao norte de Alasca e Rusia poden afectar aos eideres de formas desconocidas. Ademais, o cambio climático está provocando a perdida de estanques da tundra ártica,[15] o que podería estar contribuíndo á diminución da poboación da especie. En xeral, predícese que o cambio climático provocará cambios drásticos no hábitat da rexión ártica.[16] O aumento da depredación tamén pode deberse a colapsos relacionados co clima no patrón de abundancia cíclica de roedores, xa que os depredadores buscan presas alternativas en ausencia do seu alimento principal.[17][18]
Estado de consevación
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status desta especie como VU (vulnerábel) porque está experimentando unha rápida redución da poboación, particularmente nas poboacións clave de Alasca. Necesítanse máis estudos para determinar as causas destas diminucións, e se algunhas poboacións poden terse desprazado a áreas non censadas dentro da súa área de distribución.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 BirdLife International (2018): Polysticta stelleri na Lista vermella da UICN. Consultada o 2 de novembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Polysticta stelleri (Pallas, 1769) no GBIF. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Polysticta stelleri (Pallas, 1769) no GBIF. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ James A. Jobling (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 313.
- ↑ James A. Jobling, Op cit., p. 365.
- ↑ Johnsgard, Paul A. (1-01-1961): The Taxonomy of the Anatidae—A Behavioural Analysis. DigitalCommons@University of Nebraska - Lincoln.
- ↑ Frederickson, L. H. (2001): "Steller’s Eider (Polysticta stelleri). En: A. Poole & F. Gill, eds. The Birds of North America, p. 24. "The Birds of North America, Inc", Philadelphia, USA.
- ↑ Fredrickson, Leigh H. (2001): "Steller's Eider (Polysticta stelleri)", En Poole, Alan F. & Gill, Frank B., eds. The Birds of North America Online.
- ↑ Alcorn, Gordon D. & Godfrey, W. Earl (1966): "The Birds of Canada". The Murrelet 47 (3): 77.
- ↑ Sibley, David (2000): The Sibley guide to birds. 1st ed. New York: Alfred A. Knopf. ISBN 0-6794-5122-6.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 Stellers Eider en www.ducks.org.
- ↑ Anon. (2001): "Critical habitat designated for Spectacled and Steller's Eiders in Alaska". WWF Arctic Bulletin: 20-21.
- ↑ Forsman, Dick (1995): "A presumed hybrid Steller's Eider x Common Eider in Norway·. Birding World 8 (4): 138.
- ↑ Minerals Management Service, Alaska (2007). "Foraging Ecology of Common Ravens (Corvus corax) on Alaska’s Coastal Plain (AK-93-48-51)" (PDF). Minerals Management Service. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xuño de 2007. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ Andresen, C. G. & Lougheed, V. L. (2015): "Disappearing Arctic tundra ponds: Fine-scale analysis of surface hydrology in drained thaw lake basins over a 65-year period (1948-2013)". Journal of Geophysical Research Biogeosciences: 120.
- ↑ Fox, A. D.et al. (2015): "Current and Potential Threats to Nordic Duck Populations — A Horizon Scanning Exercise". Annales Zoologici Fennici 52 (4): 193-220.
- ↑ Quakenbush, L.; Suydam, R.; Obritschkewitsch, T. & Deering, M. (2004): "Breeding biology of Steller's eiders (Polysticta stelleri) near Barrow, Alaska, 1991–99". Arctic 57: 166-182.
- ↑ Iles, D. T.et al. (2013): "Predators, alternative prey and climate influence annual breeding success of a long-lived sea duck". Journal of Animal Ecology 82: 683-693.
Véxase tamén
Bibliografía
- Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Ficha en BirdLife Species
- Polysticta stelleri en ARKive Fotografías e vídeos.