Pomerania

Modelo:Xeografía políticaPomerania
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 54°17′40″N 18°09′11″L / 54.29443, 18.15312Coordenadas: 54°17′40″N 18°09′11″L / 54.29443, 18.15312
Xeografía
Superficie38.401 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Báltico Editar o valor em Wikidata

Pomerania (en polaco Pomorze) é unha rexión histórica de Centroeuropa, que actualmente forma parte dos estados de Alemaña e Polonia. En 2001 tiña 6.631.765 habitantes, nunha área de 67.865 km².

Historia

Nun inicio terra de pobos eslavos, foi colonizada pouco a pouco por invasores xermánicos, até rematar formando parte do reino de Prusia a mediados do século XVII. A súa historia vai moi ligada a unha minoría falante de caxubo, que conforma a rexión de Caxubia.

A parte oriental foi asignada a Polonia trala segunda guerra mundial, xunto con outros territorios con poboación mesturada entre polacos e alemáns. Actualmente, a Pomerania Occidental forma parte do estado federal alemán de Mecklemburgo-Antepomerania, e ten unha poboación de 595.888 habitantes segundo datos de 2001, nunha extensión de 8.701 km². A Pomerania polaca ten 59.164 km² e unha poboación de 6.025.877 habitantes.

A súa principal cidade e Gdansk ou Danzig, protagonista dunha resolución do Tratado de Versalles que a converteu en cidade libre antes de volver ser ocupada pola Alemaña nazi en 1939.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.