Provincia das Palmas
Provincia de Las Palmas (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Capital | As Palmas de Gran Canaria | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.128.539 (2021) (277,56 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4.066 km² | ||||
Punto máis alto | Morro de la Agujereada (en) (1.957,31 m) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1927 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-GC | ||||
Código NUTS | ES701 | ||||
Código INE | 35 | ||||
As Palmas[1] (en castelán: Las Palmas) é unha provincia española das dúas que forman a comunidade autónoma das Illas Canarias, e está formada polas illas de Gran Canaria, Fuerteventura, Lanzarote e La Graciosa, así como por unha serie de cinco illotes: Alegranza, Montaña Clara, Lobos, Roque del Este e Roque del Oeste, que son as illas máis orientais do arquipélago, e que suman unha área de 4.066 km². Conta cunha poboación de 1.083.502 habitantes (2010), sendo a 13ª provincia española en número de habitantes e a primeira das Canarias.
A súa capital é a cidade das Palmas de Gran Canaria, sita na illa de Gran Canaria, que é tamén a capital das Canarias xunto con Santa Cruz de Tenerife.
A provincia xurdiu en 1927 coa separación desta provincia coa ata entón única provincia do arquipélago, a Provincia de Canarias.
Notas
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.