Ràdio i Televisió d'Andorra
Ràdio i Televisió d'Andorra | |
---|---|
Acrónimo | RTVA |
Tipo | empresa estatal e difusora |
Data de fundación | 13 de abril de 2000 |
Sede | Andorra la Vella |
País | Andorra |
Na rede | |
https://www.andorradifusio.ad/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Radio e Televisión de Andorra ou RTVA (en catalán Ràdio i Televisió d'Andorra) é a empresa pública de radio e televisión do Principado de Andorra. O seu principal obxectivo é o de consolidar un servizo de radio e televisión que axude ó pluralismo informativo, á formación dunha opinión pública libre e á difusión da cultura do principado.
Na actualidade conta cunha cadea de televisión creada en 1995 chamada Andorra Televisió; e dúas emisoras de radio Ràdio Nacional d'Andorra e Andorra Música.
Historia
A televisión e radio de Andorra naceron o 26 de outubro de 1989 despois de que o Consello Xeral de Andorra acordara a necesidade da creación dunha empresa de radiodifusión. Como resulta, o Organisme de Ràdio i Televisio d'Andorra (ORTA) foi creado e as emisións de Ràdio Nacional d'Andorra comezaron en decembro de 1990. O servizo televisivo comezou a mans de Andorra Televisió (ATV) en 1995. Desde o ano 2002, RTVA foi membro activo da Unión Europea de Radiodifusión e participou no Festival de Eurovisión desde o 2004.[1][2] No ano 2011 decidiu deixar a Unión Europea de Rediodifusión debido a problemas económicos.
A empresa compite coas cadeas de televisión e radio de España e Francia, que tamén se reciben no país.
Notas
- ↑ "EBU.CH :: EBU news - 2002_07_19". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2007. Consultado o 03 de febreiro de 2010.
- ↑ Andorra | Country profile | Eurovision Song Contest - Belgrade 2008