Ragnarok

Portal norte da Igrexa de madeira de Urnes do século XI foi interpretado como unha representación de cobras e dragóns no Ragnarök.[1]

Na mitoloxía nórdica, Ragnarok (fado do mundo) é a batalla da fin do mundo. Esta batalla sería supostamente emprendida entre os deuses (os Æsir, liderados por Odín) e os demos (os xigantes do lume, os Jotuns e varios monstros, conducidos por Loki). Algúns dos deuses, dos xigantes, e dos monstros falecerán non só nesta conflagración apocalíptica, senón que case todo no universo acabará destruído.

Os deuses xa saben a través da profecía, o que vai suceder: que avisará da chegada do acontecemento, quen matará a quen, e así sucesivamente. Ata saben que eles non teñen o poder de evitar o Ragnarok. Isto está relacionado co concepto de destino dos pobos nórdicos antigos.

Notas

  1. Fazio, Moffet, Wodehouse (2003:201)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bailey, Richard N. (2002). "Scandinavian Myth on Viking-period Stone Sculpture in England". En Barnes, Geraldine; Ross, Margaret Clunies. Old Norse Myths, Literature, and Society (PDF). Sidney: University of Sydney. ISBN 1-86487-316-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de setembro de 2009. Consultado o 12 de xuño de 2014. 
  • Bellows, Henry Adams (2004). The Poetic Edda: The Mythological Poems. Dover Publications. ISBN 0-486-43710-8. 
  • Bjordvand, Harald; Lindeman, Fredrik Otto (2007). Våre arveord. Novus. ISBN 978-82-7099-467-0.