Rally Rías Baixas
Tipo | carreira automobilística ![]() |
---|---|
Deporte | rally ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Rías Baixas 42°24′N 8°48′O / 42.4, -8.8 ![]() |
País | España ![]() |
Vixencia | 1963 – ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | rallyeriasbaixas.com ![]() |
O Rally Rías Baixas é un rally de asfalto que se leva a cabo cada ano a finais do mes de maio ou comezos de xuño na comarca de Vigo.
Comezou a disputarse en 1963 e é puntuable para a Copa de España de Rallys de Asfalto. Anteriormente formou parte do calendario do Campionato de Galicia de Rally e durante moitos anos do Campionato de España de Rallys. Os pilotos máis laureados da proba son Germán Castrillón e Miguel Ángel Fuster, con catro vitorias cada un.
Historia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/aa/Miguel_Fuster_RenaultClioS1600_RaliRiasBaixas2006.jpg/220px-Miguel_Fuster_RenaultClioS1600_RaliRiasBaixas2006.jpg)
A Escudería Vigo, fundada por Manuel Pestana e Eladio Vázquez, foi a primeira organizadora do rally, que tivo a súa primeira edición en 1963.[1] As primeiras edicións foron dominadas por pilotos portugueses, sendo Antonio Peixinho o primeiro vencedor cun Austin Cooper, ao que seguiron as vitorias de Jorge Soromenho e Américo Nunes. En 1966 entrou por primeira vez no calendario do Campionato de España de Rallys, sendo o vencedor dese ano outro portugués, Francisco Ramaozinho, con Estanislao Reverter en segunda posición. Foi en 1967 cando rematou o dominio portugués, ao lograr a vitoria cun Alpine 110 1300 o francés Bernard Tramont, que acabaría proclamándose campión de España ese ano. Ao ano seguinte Juan Fernández cun Porsche 911 S foi o primeiro español en lograr a vitoria e en 1972 Estanislao Reverter o primeiro galego, logrando a vitoria co seu Alpinche e repetindo na seguinte edición. Tras o triunfo en 1974 do francés Marc Etchebers cun Porsche 911 Carrera o rally non se disputou durante os seguintes dous anos.
En 1977 volveuse celebrar, a partir de entón organizado pola Escudería Rías Baixas,[1] e ese ano gañou o rally o ourensán Antonio Freire "Ventura". Tras a vitoria o ano seguinte do vigués Rafa Cid cun Ford Fiesta 1300, viría un lustro de dominio de Porsche, con dúas vitorias máis para Etchebers e tres consecutivas para o tamén vigués Beny Fernández, cun Porsche 911 preparado por Bernard Vara. Na seguinte media década os pilotos canarios Carlos Lamberti, Medardo Pérez e Antonio Ponce foron os dominadores da proba.[2] A principios dos anos 90 Fernando Mouriño púxose á fronte da proba, que non pasaba polos seus mellores momentos, estando fóra do nacional de asfalto dende 1982. O cabanés Germán Castrillón impúxose neses anos ata un total de catro ocasións, dúas veces co Ford Sierra RS Cosworth e outras dúas co Ford Escort RS Cosworth.[1]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/14/Rally_Rias_Baixas_2013_%28Vallejo%29.jpg/220px-Rally_Rias_Baixas_2013_%28Vallejo%29.jpg)
A partir de 1996 coa vitoria de Sergio Vallejo, comezou unha etapa de dominio de Citroën e Peugeot, marcas moi relacionadas coa cidade de Vigo, que conta coa fábrica PSA Peugeot-Citroën desde 1958.[2] En 1998 o rally sufriu a peor de todas as súas edicións: poucos minutos despois do inicio do primeiro tramo, Salceda, a organización detectou manchas de aceite e gasóleo no asfalto, polo que neutralizou dito tramo e posteriormente fixo o mesmo nos seguintes tramos polo mesmo problema. Ao mesmo tempo, interferencias na radio impediron a comunicación entre a dirección da carreira e outros organizadores. No parque pechado da praia de Samil circulaba un panfleto que ameazaba con obstruír os tramos. Ante esta situación, a organización decidiu suspender a proba e os participantes volveron ao parque pechado. Tanto pilotos como organizadores e tamén medios de comunicación condenaron os feitos que cualificaron de "sabotaxe".[3] No aspecto deportivo, Chus Puras proclamouse campión de España de forma automática cando ao non realizarse a proba. O propio Puras obtería a súa primeira vitoria en Vigo ao ano seguinte a bordo dun Citroën Xsara Kit Car e repetiría a vitoria no 2002 co Citroën Xsara WRC. Entre medias, Luis Monzón gañou o rally dúas veces, primeiro cun Peugeot 306 Maxi e logo cun Peugeot 206 WRC. En 2003 Miguel Ángel Fuster sumou a primeira das súas catro vitorias.[2]
O ano seguinte gañou o andorrano Joan Vinyes (segundo andorrano en logralo tras a vitoria de Gerard de la Casa en 1984) e no 2005 Dani Sordo fixo o propio cun Citroën C2 S1600. O asturiano Alberto Hevia gañou o rally no 2007 e despois no 2010 mentres que Enrique García Ojeda venceu no 2008 tras unha gran loita cos irmáns Vallejo. A edición de 2009 contou coa novidade da recuperación do tramo urbano preto de Samil. A vitoria foi para Sergio Vallejo, que gañou oito dos once tramos disputados, pero días despois os comisarios penalizárono con trinta minutos por recibir axuda externa despois da rotura dun palier do seu Porsche 997. Deste xeito a vitoria foille adxudicada a Miguel Ángel Fuster. Ao ano seguinte, os problemas económicos polos que atravesaba a organización puxeron en perigo a realización do rally. En 2011 e 2012 o parque pechado trasladouse ao centro da cidade de Vigo, situado na rúa Príncipe, cun pequeno enlace polo centro histórico da cidade. Xevi Pons venceu a Fuster cun Ford Fiesta S2000 e o piloto local Alberto Meira fíxoo en 2012 co Mitsubishi Lancer Evo X, ano no que o rally entrou no calendario da Copa de Europa de Rally, obrigándoo a disputar a proba durante dous días en vez de nun, como era habitual. En 2013 Sergio Vallejo sumou a súa segunda vitoria dezasete anos despois da primeira. Meira, o gañador do ano anterior foi segundo e terceiro Fuster. En 2014 Vallejo subiu de novo ao máis alto do podio e en 2015 fíxoo Fuster co Porsche 997 GT3.[2] Os problemas económicos impediron que a Escudería Rías Baixas puidese sacar adiante o rally en 2016 a pesar de estar programado para o mes de xuño. A organización anunciou a cancelación da proba nunha conferencia de prensa en xaneiro dese ano.[4]
Con todo, dous anos despois a organización conseguiu recuperar a proba e incluíla no calendario do campionato galego, ademais con récord de inscritos.[5] A vitoria desa edición foi para Manuel Fernández cun Renault Clio N5,[6] mentres que o Citroën C3 R5 de Víctor Senra foi o vencedor o ano seguinte.[7] A edición de 2020, prevista inicialmente para maio, foi aprazada para setembro debido á expansión da pandemia por coronavirus,[8] e finalmente un mes antes da súa disputa, anunciouse a súa suspensión.[9]
Campións
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7f/Jes%C3%BAs_Puras_-_1998_Rallye_Cantabria.jpg/250px-Jes%C3%BAs_Puras_-_1998_Rallye_Cantabria.jpg)
Ano | Edición | Piloto | Copiloto | Coche | Campionato |
---|---|---|---|---|---|
1963 | 1º Rallye Rías Bajas | ![]() |
- | Austin Cooper | |
1964 | 2º Rallye Rías Bajas | ![]() |
- | Porsche S90 | |
1965 | 3º Rallye Rías Bajas | ![]() |
- | Porsche 904 GTS | |
1966 | 4º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Morris Cooper S | España |
1967 | 5º Rallye Rías Bajas | ![]() |
- | Alpine 1300 | España |
1968 | 6º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Porsche 911 R | España |
1969 | 7º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Porsche 911 RS | España |
1970 | 8º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Fiat Abarth 2000 | España |
1971 | 9º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Porsche 911 | España |
1972 | 10º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Alpine-Porsche T | España |
1973 | 11º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Alpine-Porsche T | España |
1974 | 12º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Porsche 911 Carrera | |
1975 | Non se disputou | ||||
1976 | Non se disputou | ||||
1977 | 13º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Ford Escort RS | |
1978 | 14º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Ford Fiesta 1300 | |
1979 | 15º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Porsche RS | España |
1980 | 16º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Porsche RS | España |
1981 | 17º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Porsche 911 Vara | |
1982 | 18º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Porsche 911 Vara | España |
1983 | 19º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Porsche 911 Vara | |
1984 | 20º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Renault 5 Turbo | Copa |
1985 | 21º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Renault 5 Turbo | Copa |
1986 | 22º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Opel Manta 400 | Copa |
1987 | 23º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Opel Manta 400 | Copa |
1988 | 24º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
Lancia Rallye 037 | Copa |
1989 | 25º Rallye Rías Bajas | ![]() |
![]() |
BMW M3 | Copa |
1990 | 26º Rally Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Ford Sierra RS Cosworth | Copa, Galicia |
1991 | 27º Rally Rías Baixas | ![]() |
![]() |
BMW M3 | Copa, Galicia |
1992 | 28º Rally Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Ford Sierra RS Cosworth | Copa, Galicia |
1993 | 29º Rally Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Ford Escort RS Cosworth | España, Galicia |
1994 | 30º Rally Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Peugeot 306 S16 | España, Galicia |
1995 | 31º Rally Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Ford Escort RS Cosworth | Galicia |
1996 | 32º Rally Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Citroen ZX 16V | España, Galicia |
1997 | 33º Rally Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Peugeot 306 Maxi | España |
1998 | 34º Rally Rías Baixas | Anulado | España | ||
1999 | 35º Rally Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Citroen Xsara Kit Car | España |
2000 | 36º Rally Rías Baixas Redcom | ![]() |
![]() |
Peugeot 306 Maxi | España |
2001 | 37º Rallye Rías Baixas Redcom | ![]() |
![]() |
Peugeot 206 WRC | España |
2002 | 38º Rallye Rías Baixas Redcom | ![]() |
![]() |
Citroen Xsara T4 WRC | España |
2003 | 39º Rallye Rías Baixas Redcom | ![]() |
![]() |
Citroen Saxo Kit Car | España |
2004 | 40º Rallye Rías Baixas Redcom | ![]() |
![]() |
Peugeot 206 S1600 | España |
2005 | 41º Rallye Rías Baixas Redcom | ![]() |
![]() |
Citroen C2 S1600 | España |
2006 | 42º Rallye Rías Baixas Redcom | ![]() |
![]() |
Renault Clio S1600 | España |
2007 | 43º Rallye Rías Baixas Redcom | ![]() |
![]() |
Volkswagen Polo S2000 | España |
2008 | 44º Rallye Rías Baixas Redcom | ![]() |
![]() |
Peugeot 207 S2000 | España |
2009 | 45º Rallye Rías Baixas Vodafone | ![]() |
![]() |
Porsche 911 GT3 | España |
2010 | 46º Rallye Internacional Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Skoda Fabia S2000 | España |
2011 | 47º Rallye Internacional Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Ford Fiesta S2000 | España |
2012 | 48º Rallye Internacional Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Mitsubishi Lancer Evo X | España |
2013 | 49º Rallye Internacional Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Porsche 997 GT3 | España |
2014 | 50º Rallye Internacional Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Porsche 911 GT3 | España |
2015 | 51º Rallye Internacional Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Porsche 997 GT3 | España |
2016 | Non se disputou | ||||
2017 | Non se disputou | ||||
2018 | 52º Rallye Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Renault Clio N5 | Galicia |
2019 | 53º Rallye Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Citroën C3 R5 | Galicia |
2020 | Non se disputou | ||||
2021 | 54º Rally Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Škoda Fabia Rally2 evo | Copa |
2022 | 55º Rally Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Škoda Fabia Rally2 evo | Copa |
2023 | 56º Rally Rías Baixas | ![]() |
![]() |
Škoda Fabia R5 Rally2 | Copa |
En amarelo, as edicións nas que a proba foi puntuable para o Campionato de España de Rallys
En azul, as edicións nas que a proba foi puntuable para o Campionato de Galicia de Rally
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial do Rally Rías Baixas
- Palmarés do Rally Rías Baixas
- Páxina oficial da Escudería Rías Baixas
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Medio século de pasadas". Rebumbio (4): 11. 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Medio siglo de Rally Rías Baixas". Faro de Vigo (en castelán). 30 de maio de 2014. Consultado o 3 de febreiro de 2020.
- ↑ "Sabotaje al Rally Rías Bajas". ABC (en castelán). 26 de xullo de 1998. Consultado o 3 de febreiro de 2020.
- ↑ "Desaparece el Rallye Rías Baixas". Faro de Vigo (en castelán). 21 de xaneiro de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2020.
- ↑ "O Rallye Rías Baixas volve este venres e sábado con récord de inscrición". 9 de maio de 2018. Consultado o 3 de febreiro de 2020.
- ↑ "Manuel Fernández, campeón del Rallye Rías Baixas 2018". Faro de Vigo (en castelán). 12 de maio de 2018. Consultado o 3 de febreiro de 2020.
- ↑ "Víctor Senra, a un paso del campeonato gallego al hacerse con el Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de maio de 2019. Consultado o 3 de febreiro de 2020.
- ↑ "Comunicado de prensa Rally Rías Baixas" (en castelán). 16 de abril de 2020. Consultado o 6 de agosto de 2020.
- ↑ "Suspendido el 54 Rallye Recalvi Rías Baixas en 2020" (en castelán). 4 de agosto de 2020. Consultado o 6 de agosto de 2020.