Reis de Sumeria

Mesopotamia
Río ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: Asur – Nínive
Nuzi – Nimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escrita cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
Gilgamesh – Marduk
Táboa de pedra coa lista máis completa de reis de Sumeria. Museo Ashmolean, Oxford.

A lista dos reis sumerios é un documento excepcional deixado polos escribas sumerios, escrito en sumerio, reflectindo os sucesivos reis hexemónicos. Os primeiros reis son dubidosos e os seus períodos imposíbeis, pero despois vanse acercando máis á historia comprobada, aínda que se omiten dinastías, e outras danse como sucesivas cando foron contemporáneas. Os reis de Asiria e os de Babilonia tamén tiveron este de tipo de listas. O primeiro rei mencionado que hai identificado por inscricións é Megabaresi de Kish, contemporáneo de Gilgamesh. O primeiro gobernante da lista que é claramente histórico é Lugal-Zage-Si de Uruk do século –XXIII, que conquistou Lagash, que á súa vez foi conquistada por Sargón de Acad.

Protodinástico I, Reis de antes do diluvio, lendarios

"Despois disto a realeza foi a Eridug (Eridu). En Eridug, Alulim foi rei e gobernou 28800 anos."

Eridu

  • Alulim de Eridug: 28800 anos.
  • Alalgar de Eridug: 36000 anos.
  • En-Men-Lu-Ana de Badtibira: 43200 anos.
  • En-Men-Gal-Ana de Badtibira: 28800 anos.
  • Dumuzid de Badtibira: 36000 anos.
  • En-Sipad-Zid-Ana de Larak: 28800 anos.
  • En-Men-Dur-Ana de Zimbir: 21000 anos.
  • Ubara-Tutu de Shuruppak 18600 anos.

Protodinástico II, Reis mitolóxicos.

"Despois do diluvio a realeza pasou a Kish"

Primeira Dinastía de Kish

  • Kullassina-bel de Kish: 960 anos.
  • Nangishlishma de Kish: 670 anos.
  • En-Tarah-Ana de Kish: 420 anos.
  • Babum de Kish: 300 anos.
  • Puannum de Kish: 840 anos.
  • Kalibum de Kish: 960 anos.
  • Kalumum de Kish: 840 anos.
  • Zuqaqip de Kish: 900 anos.
  • Atab de Kish: 600 anos.
  • Mashda de Kish: 840 anos.
  • Arwium de Kish: 720 anos.
  • Etana de Kish: 1500 anos.
  • Balih de Kish: 400 anos.
  • En-Me-Nuna de Kish: 660 anos.
  • Melem-Kish de Kish: 900 anos.
  • Barsal-Nuna de Kish: 1200 anos.
  • Zamug de Kish: 140 anos.
  • Tizqar de Kish: 305 anos.
  • Ilku de Kish: 900 anos.
  • Iltasadum de Kish: 1200 anos.
  • En-Men-Barage-Si de Kish, que conquistou Elam: 900 anos.
  • Aga de Kish: 625 anos.

"Entón Kish foi derrotado e a realeza pasou a Eana (Uruk)"

Primeira Dinastía de Uruk

  • Mesh-ki-ang-gasher de E-ana, fillo de Utu: 324 anos (Mesh-ki-ang-gasher gañou ao mar e desapareceu).
  • Enmerkar, que fundou Unug: 420 anos.
  • Lugalbanda de Unug: 1200 anos.
  • Dumuzid de Unug, o pescador: 100 anos. Capturou a En-Me-Barage-Si de Kish.
  • Gilgamesh, o seu pai foi un fantasma, señor de Kulaba: 126 anos.
  • Ur-Nungal de Unug: 30 anos.
  • Udul-Kalama de Unug: 15 anos.
  • A-Ba'shum de Unug: 9 anos.
  • En-Nun-Tarah-Ana de Unug: 8 anos.
  • Mesh-He de Unug: 36 anos.
  • Melem-Ana de Unug: 6 anos.
  • Lugal-Kitun de Unug: 36 anos.

(Outros soberanos coñecidos por inscricións non constan nas listas de Reis).

"Entón Unug (Uruk) foi derrotado e a realeza pasou a Urim (Ur)"

Primeira dinastía de Ur sobre o -2500

  • Mesh-Ane-Pada de Urim: 80 anos.
  • Mesh-Ki-Ang-Nanna de Urim: 36 anos.
  • Elulu de Urim: 25 anos.
  • Balulu de Urim: 36 anos.

"Entón Urim (Ur) foi derrotada e a realeza pasou a Awan".

Protodinástico III

(A primeira Dinastía de Lagash é coñecida polas inscricións pero non se cita na lista de reis).

  • Tres reis de Awan, gobernando un total de 356 anos.

"Entón Awan foi derrotado e a realeza pasou a Kish".

Segunda Dinastía de Kish

  • Susuda de Kish: 201 anos.
  • Dadasig de Kish: 81 anos.
  • Mamagal de Kish: 360 anos.
  • Kalbum de Kish: 195 anos.
  • Tuge de Kish: 360 anos.
  • Men-Nuna de Kish: 180 anos.
  • ? de Kish: 290 anos.
  • Lugalngu de Kish: 360 anos.

"Entón Kish foi derrotado e a realeza pasou a Hamazi".

  • Hadanish de Hamazi: 360 anos.

"Entón Hamazi foi derrotada e a realeza pasou a Unug (Uruk)".

Segunda Dinastía de Uruk

  • En-Shakansha-Ana de Unug: 60 anos.
  • Lugal-Ure (o Lugal-Kinishe-Dudu) de Unug: 120 anos.
  • Argandea de Unug: 7 anos.

"Entón Unug (Uruk) foi derrotada e a realeza pasou a Urim (Ur)".

Segunda dinastía de Ur

  • Nani de Urim: 120 anos.
  • Mesh-Ki-Ang-Nanna de Urim: 48 anos.
  • ? de Urim: 2 anos.

"Entón Urim (Ur) foi derrotada e a realeza pasou a Adab".

Adab

  • Lugal-Ane-Mundu de Adab: 90 anos.

"Entón Adab foi derrotada e a realeza pasou a Mari".

Mari

  • Anbu de Mari: 30 anos.
  • Anba de Mari: 17 anos.
  • Bazi de Mari: 30 anos.
  • Zizi de Mari: 20 anos.
  • Limer de Mari: 30 anos.
  • Sharrum-Iter de Mari: 9 anos.

"Entón Mari foi derrotada e a realeza pasou a Kish".

Terceira Dinastía de Kish

  • Kug-Baba de Kish: 100 anos (Kug-Baba é a única muller na lista de reis).

"Entón Kish foi derrotada e a realeza pasou a Akshak".

Akshak

  • Unzi de Akshak: 30 anos.
  • Undalulu de Akshak: 6 anos.
  • Urur de Akshak: 6 anos.
  • Puzur-Nirah de Akshak: 20 anos.
  • Ishu-Il de Akshak: 24 anos.
  • Shu-Sin de Akshak: 7 anos.

"Entón Akshak foi derrotada e a realeza pasou a Kish".

Cuarta Dinastía de Kish

  • Puzur-Sin de Kish: 25 anos.
  • Ur-Zababa de Kish: 400 (6?) anos.
  • Zimudar de Kish: 30 anos.
  • Ussi-Watar de Kish: 7 anos.
  • Eshtar-Muti de Kish: 11 anos.
  • Ishme-Shamash de Kish: 11 anos.
  • Shu-Ilishu de Kish: 15 anos.
  • Nanniya de Kish: 7 anos.

"Entón Kish foi derrotada e a realeza pasou a Unug (Uruk)".

Terceira Dinastía de Uruk

  • Lugal-Zage-Si de Unug: 25 anos (-2259 – -2235 na cronoloxía mínima) derrota en Lagash.

Acad

  • Sargón, cuxo pai era xardineiro, ou copeiro de Ur-Zababa, rei de Agadé, que construíu a cidade: 56 anos (ca. -2235 cronoloxía mínima)
  • Rimush, fillo de Sargón: 9 anos.
  • Man-Ishtishu, irmán máis vello de Rimush: 15 anos.
  • Naram-Sin, fillo de Man-Ishtishu: 56 anos.
  • Shar-Kali-Sharri, fillo de Naram-Sin: 25 anos.

"Quen foi rei? Quen non foi rei?"

  • Irgigi, Imi, Nanum, Ilulu: os catro simultaneamente gobernaron durante tres anos.
  • Dudu: 21 anos.
  • Shu-Durul, fillo de Dudu: 15 anos.

"Entón Agadé (Akkad) foi derrotada e a realeza pasou a Unug (Uruk)".

Cuarta Dinastía de Uruk

(probabelmente gobernaron a Baixa Mesopotamia simultaneamente coa dinastía de Akkad).

  • Ur-Ningin de Unug: 7 anos.
  • Ur-Gigir de Unug: 6 anos.
  • Kuda de Unug: 6 anos.
  • Puzur-Ili de Unug: 5 anos.
  • Ur-Utu (ou Lugal-Melem) de Unug: 25 anos.

"Entón Unug (Uruk) foi derrotada e a realeza pasou ao exército dos Guti ".

Período Guti

"No exército dos Guti os primeiros reis non foron coñecidos; tiñan reis propios que gobernaban por tres anos"

  • Inkishush de Gutium: 6 anos.
  • Zarlagab de Gutium: 6 anos.
  • Shulme (o Yarlagash) de Gutium: 6 anos.
  • Silulumesh (o Silulu) de Gutium: 6 anos.
  • Inimabakesh (o Duga) de Gutium: 5 anos.
  • Igeshaush (o Ilu-An) de Gutium: 6 anos.
  • Yarlagab de Gutium: 3 anos.
  • Ibate de Gutium: 3 anos.
  • Yarla de Gutium: 3 anos.
  • Kurum de Gutium: 1 ano.
  • Apil-Kin de Gutium: 3 anos.
  • A-Erabum de Gutium: 2 anos.
  • Irarum de Gutium: 2 anos.
  • Ibranum de Gutium: 1 ano.
  • Hablum de Gutium: 2 anos.
  • Puzur-Sin de Gutium: 7 anos.
  • Yarlaganda de Gutium: 7 anos.
  • ? de Gutium: 7 anos.
  • Tiriga de Gutium: 40 anos.

Uruk

  • Utu-hengal de Unug, expulsa aos Guti.

Terceira dinastía de Ur

"Renacemento Sumerio"

  • Ur-Nammu de Urim: 18 anos goberna sobre o -2065 – -2047 na cronoloxía mínima.
  • Shulgi: 46 anos goberna sobre o -2047 – -1999 na cronoloxía mínima.
  • Amar-Sina de Urim: 9 anos.
  • Shu-Sin de Urim: 9 anos.
  • Ibbi-Sin de Urim: 24 anos.

"Entón Urim(Ur) foi derrotada e a realeza pasou a Isín"

Dinastía de Isín

Estado amorita independente da Baixa Mesopotamia. A dinastía acaba sobre o -1730 na cronoloxía mínima.

  • Ishbi-Erra de Isín: 33 anos.
  • Shu-ilishu de Isín: 20 anos.
  • Iddin-Dagan de Isín: 20 anos.
  • Ishme-Dagan de Isín: 20 anos.
  • Lipit-Eshtar de Isín: 11 anos.
  • Ur-Ninurta de Isín (fillo de Ishkur): 28 anos.
  • Bur-Sin de Isín: 5 anos.
  • Lipit-Enlil de Isín: 5 anos.
  • Erra-Imitti de Isín: 8 anos.
  • Enlil-Bani de Isín: 24 anos.
  • Zambiya de Isín: 3 anos.
  • Iter-Pisha de Isín: 4 anos.
  • Ur-Dul-Kuga de Isín: 4 anos.
  • Sin-Magir de Isín: 23 anos.

"Son 11 cidades alá onde a realeza foi exercida. Un total de 134 reis que en conxunto reinaron máis de 28.876 anos".