Rexión de Chūbu

Modelo:Xeografía políticaRexión de Chūbu
Vista aérea
Imaxe

Epónimoparte central Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
 35°53′00″N 137°57′00″L / 35.883333, 137.95
EstadoXapón Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación21.715.822 (2010) Editar o valor en Wikidata (299,23 hab./km²)
Xeografía
Superficie72.572,34 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario

A rexión de Chūbu é unha das 8 que compoñen o territorio do Xapón, ocupando a parte central da illa de Honshu. Ten unha poboación de 23.575.736 habitantes, e unha superficie de 72.572'34 km², co cal a densidade de poboación da rexión é de 324,85 hab./km².

Chūbu pode traducirse como "rexión central". Está dividida en 9 prefecturas: Aichi, Fukui, Gifu, Ishikawa, Nagano, Niigata, Shizuoka, Toyama e Yamanashi. As cidades mais poboadas da rexión son:

Nagoia é a cuarta cidade mais grande do Xapón, que organizou en 2005 unha Exposición Internacional que acolleu 22 millóns de visitantes.

A rexión ten o mar do Xapón nunha beira e o océano Pacífico na outra. Esas zonas costeiras teñen un clima semellante ó Mediterráneo. No centro da rexión érguense algunhas das montañas máis altas do país, como o monte Fuji, onde se aturan nevaradas intensas. Nagano acolleu a celebración dos Xogos Olímpicos de Inverno en 1998.

Chūbu acolle algunhas das industrias mais salientables do país, como é o caso de Toyota Motor Corporation, a empresa que máis coches fabrica no mundo.