Richard Attenborough
Richard Samuel Attenborough, nado en Cambridge o 29 de agosto de 1923,[1] e finado o 24 de agosto de 2014, foi un director de cinema e actor inglés.
Traxectoria
Serviu na Royal Air Force durante a segunda guerra mundial.
A súa carreira comezou como actor teatral, debutando no cinema en 1942 en In Which We Serve, aínda que sen acreditar. O papel que o revelou foi en Brighton Rock, adaptación da novela de Graham Greene.
Seguiu traballando no cinema británico e estadounidense durante os cincuenta e sesenta, gañando premios como o Globo de Ouro ou o BAFTA.
Debutou coma director en 1969, facendo as súas interpretacións menos habituais. A súa intervención en Parque Xurásico tivo lugar catorce anos despois da anterior.
O seu maior éxito foi Gandhi, coa que gañou o Óscar ó mellor director, ademais doutros premios.
Casou en 1949 coa actriz Sheila Sim. A súa filla máis vella, Jane, morreu xunto coa súa filla de quince anos e a súa sogra no tsunami provocado polo terremoto do Índico do 2004. É irmán do naturalista David Attenborough.
Obra
Actor
- 1960 - The Angry Silence
- 1962 - The L-Shaped Room
- 1963 - A grande evasión
- 1964 - Séance on a Wet Afternoon
- 1965 - The Flight of the Phoenix
- 1966 - The Sand Pebbles
- 1967 - Doctor Dolittle
- 1993 - Parque Xurásico
- 1998 - Elizabeth
Director
- 1969 - Oh! What a Lovely War
- 1972 - O mozo Winston
- 1977 - Unha ponte lonxana
- 1978 - Maxia
- 1982 - Gandhi
- 1985 - A Chorus Line
- 1987 - Cry Freedom
- 1992 - Chaplin
- 1993 - Shadowlands
- 1996 - No amor e mais na guerra
- 1999 - Grey Owl
- 2007 - Closing the Ring
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Richard Attenborough na IMDb (en inglés).