Rodney Robert Porter
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de outubro de 1917 Newton-le-Willows, Reino Unido |
Morte | 6 de setembro de 1985 (67 anos) Winchester, Reino Unido |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Universidade de Liverpool Universidade de Cambridge |
Director de tese | Frederick Sanger |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioquímica |
Ocupación | bioquímico , fisiólogo , químico , profesor universitario , médico |
Empregador | Imperial College London Universidade de Londres Universidade de Oxford National Institute for Medical Research (en) |
Membro de | |
Profesores | Frederick Sanger |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Conflito | Segunda guerra mundial |
Premios
| |
Rodney Robert Porter, CH, nado en Newton-lle-Willows (St Helens, Lancashire) o 8 de outubro de 1917 e finado en Winchester (Hampshire) o 7 de setembro de 1985, foi un bioquímico inglés.
Traxectoria
Recibiu o seu Bachelors of Sciences con honras da Universidade de Liverpool en 1939 por bioquímica, e a súa Ph. D. na Universidade de Cambridge en 1948.
Traballou no National Institute of Medical Research durante o período 1949-1960 antes de unirse ao St. Mary's Hospital Medical School da Universidade de Londres e converterse en Pfizer Professor of Immunology.
En 1972 compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina con Gerald M. Edelman pola determinacíón da estrutura química exacta dun anticorpo. Usando unha encima chamada papaína, rompeu a inmuglobina do sangue en partes, facendo máis fácil o seu estudo. Tamén observou como a inmuglobina do sangue reacciona coa superficie celular.
Morreu nun accidente de automóbil e sobrevivíronlle unha esposa e cinco fillos.