Samuel Eto'o
Samuel Eto'o Fils, nado o 10 de marzo de 1981 en Douala, é un ex-futbolista camerunés. Xogaba de dianteiro e é coñecido por xogar no FC Barcelona e no UC Sampdoria. Ten tamén pasaporte español, permitíndolle xogar na Unión Europea sen contar coma xogador estranxeiro.
Eto'o marcou máis de 100 goles en cinco tempadas co FC Barcelona, e é ademais o xogador africano con maior número de partidos xogados na Primeira división española de fútbol.[1] No ano 2010, converteuse no primeiro xogador en conseguir dous tripletes consecutivos en Europa, co Barcelona e co Inter de Milán. É o segundo xogador en anotar en dúas finais da Liga de Campións da UEFA, e o cuarto xogador, tras Marcel Desailly, Paulo Sousa e Gerard Piqué, en gañar dúas Ligas de Campións consecutivas con diferentes equipos.[2] Conseguiu o premio ó mellor xogador africano do ano en catro ocasións: 2003, 2004, 2005 e 2010.
Coma membro da selección do Camerún, foi parte do equipo que gañou o torneo olímpico de Sidney 2000. Participou ademais en tres mundiais de fútbol e en seis copas de África, sendo campión dúas veces. É ademais o máximo anotador da historia da Copa de África, con 18 goles.
En setembro de 2019 anunciou a súa retirada do fútbol profesional após xogar 586 partidos en clubs e marcar máis de 400 goles entre selección e clubs.
Palmarés
Club
- Mallorca
- Copa do Rei (1): 2003
- Barcelona
- Primeira División Española (3): 2004/05, 2005/06, 2008/09
- Copa do Rei (1): 2009
- Supercopa de España (2): 2005, 2006
- Liga de Campións da UEFA (2): 2005/06, 2008/09
- Internazionale
- Serie A (1): 2009–10
- Coppa Italia (2): 2010, 2011
- Supercoppa Italiana (1): 2010
- Liga de Campións da UEFA (1): 2009/10
- Copa Mundial de Clubs da FIFA (1): 2010
Internacional
- Camerún
- Copa de África de Nacións (2): 2000, 2002
- LG Cup (1): 2011
- Equipo Olímpico do Camerún
Notas
- ↑ Phil Minshull (5 de maio de 2008). "Eto'o sets La Liga record". BBC Sport. Consultado o 5 de maio de 2008.
- ↑ "personal records". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2012. Consultado o 19 de febreiro de 2013.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina web oficial de Samuel Eto'o
- Perfil na web do Anzhi Makhachkala
- Perfil en ESPN Arquivado 03 de decembro de 2012 en Wayback Machine.