Selección de fútbol do Camerún
Camerún | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Fédération Camerounaise de Football − FECAFOOT | ||
Confederación | CAF (África) | ||
Código FIFA | CMR | ||
Alcume | Les Lions Indomptables (Os leóns indomábeis) | ||
Clasificación FIFA | 53 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {Ranking ConIFA} | ||
Seleccionador | Toni Conceição | ||
Máis encontros | Rigobert Song (137) | ||
Máximo goleador | Samuel Eto'o (56) | ||
Estrea internacional Congo Belga 3 − 2 Camerún Francés Congo Belga; setembro de 1956 | |||
Maior vitoria Camerún 9 − 0 Chad Kinshasa, Rep. Democrática do Congo; 7 de abril de 1965 | |||
Maior derrota Noruega 6 − 1 Camerún Oslo, Noruega; 31 de outubro de 1990 Rusia 6 − 1 Camerún Palo Alto, Estados Unidos; 28 de xuño de 1994 Costa Rica 5 − 0 Camerún San Xosé, Costa Rica; 9 de marzo de 1997 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 7 (primeira en 1982) | ||
Mellor resultado | Cuartos de final (1990) | ||
Copa de África | |||
Participacións | 19 (primeira en 1970) | ||
Mellor resultado | Campións (1984, 1988, 2000, 2002, 2017) |
A selección de fútbol do Camerún (en francés: Équipe nationale du camerounaise de football) é o equipo de fútbol que representa en competicións internacionais ao Camerún. A súa organización está a cargo da Federación Camerunesa de Fútbol (Fédération Camerounaise de Football, FECAFOOT), pertencente á Confederación Africana de Fútbol (CAF). Entre os seus éxitos destacan cinco títulos da Copa Africana de Nacións e a súa participación nos cuartos de final do Mundial de Fútbol de 1990 de Italia.
Historia
Os inicios
A Federación Camerunesa de Fútbol (FECAFOOT), fundouse en 1959. O primeiro partido internacional oficial da selección foi o 13 de abril de 1960, contra a selección de Somalia, na que se converteu na maior vitoria dos cameruneses en toda a historia (9-2). A federación afiliouse á FIFA en 1962 e á CAF en 1963. Durante os anos sesenta, o Camerún non disputou ningún partido da fase final da Copa de África, ata que cae eliminado en primeira rolda en 1970 e consegue o terceiro posto en 1972. Pero ata os anos oitenta desaparece do panorama futbolístico internacional.
O esplendor
A sona mundial da selección camerunesa comezou en 1982 coa súa primeira participación nun mundial de fútbol. No mundial de España 1982 é encadrada no grupo A, que se disputa en Galicia, e onde con tres empates remata eliminada por detrás de Polonia e de Italia, con esta última empatada a puntos. Italia sería finalmente campioa e Polonia ocuparía a terceira praza. O seu adestrador era o francés Jean Vincent e o capitán era Roger Milla.
En 1984 conseguirá o seu primeiro título africano, ao vencer a Nixeria en Abixán por 3-1. En 1990 participa nos mundiais de Italia, adestrados polo ruso Valeri Nepomniachi, e convértense na sorpresa do campionato. Derrotan a Arxentina de Maradona por 1-0 no partido inaugural (obra de François Omam-Biyik), despois vencen a Romanía e perden coa URSS, pero clasifícanse para oitavos (a segunda selección africana en facelo) e despois de derrotar a Colombia (2-1) con dous goles de Milla (daquela con 38 anos), convértese na primeira selección dese continente en chegar a cuartos dun mundial. En cuartos son eliminados por Inglaterra cun resultado de 2-3.
A decadencia
A partir da cuarta praza conseguida na Copa de África de 1992, o Camerún abre unha etapa non moi brillante sendo eliminada na primeira volta nos mundiais de 1994 e 1998. Precisamente nos mundiais estadounidenses, o Camerún conseguiu dous récords: a súa maior derrota, contra Rusia (6-1), e o xogador máis vello disputando unha fase final dun mundial (Roger Milla, con 42 anos). Tamén o Camerún quedou eliminado na Copa de África de 1996 na primeira volta.
O regreso
O Camerún consegue a medalla de ouro nos Xogos de Sydney, ao vencer a España nos tiros de penalti. Tamén nese ano o Camerún gaña a Copa de África, vencendo unha vez máis a Nixeria, e dous anos despois conséguena outra vez derrotando a Senegal. En 2003 falece no campo, mentres disputan un partido contra Colombia na Copa das Confederacións, o xogador Marc-Vivien Foé. Nos anos seguintes atravesa unha serie de malos resultados, sendo eliminado rapidamente da Copa de África ou quedando fóra do Mundial de Alemaña 2006.
Palmarés
Medallas olímpicas | ||
Ouro | masculino | Sydney 2000 |
Traxectoria nos Mundiais de Fútbol
- 1930 : Non inscrito.
- 1934 : Non inscrito.
- 1938 : Non inscrito.
- 1950 : Non inscrito.
- 1954 : Non inscrito.
- 1958 : Non inscrito.
- 1962 : Non inscrito.
- 1966 : Boicot dos países africanos.
- 1970 : Fase de clasificación.
- 1974 : Fase de clasificación.
- 1978 : Fase de clasificación.
- 1982 : Primeira rolda.
- 1986 : Fase de clasificación.
- 1990 : Cuartos de final.
- 1994 : Primeira rolda.
- 1998 : Primeira rolda
- 2002 : Primeira rolda.
- 2006 : Fase de clasificación.
- 2010 : Primeira rolda
- 2014 : Primeira rolda
- 2018 : Fase de clasificación.
Traxectoria na Copa de África
- 1957 : Non inscrito.
- 1959 : Non inscrito.
- 1962 : Non inscrito.
- 1963 : Non inscrito.
- 1965 : Non inscrito.
- 1968 : Fase de clasificación.
- 1970 : Primeira rolda.
- 1972 : Terceiro.
- 1974 : Fase de clasificación.
- 1976 : Fase de clasificación.
- 1978 : Fase de clasificación.
- 1980 : Fase de clasificación.
- 1982 : Primeira rolda.
- 1984 : Campión.
- 1986 : Finalista.
- 1988 : Campión.
- 1990 : Primeira rolda
- 1992 : Cuarto.
- 1994 : Fase de clasificación.
- 1996 : Primeira rolda.
- 1998 : Cuartos de final.
- 2000 : Campión.
- 2002 : Campión.
- 2004 : Cuartos de final.
- 2006 : Cuartos de final.
- 2008 : Finalista
- 2010 : Cuartos de final
- 2012 : Fase de clasificación
- 2013 : Fase de clasificación
- 2015 : Primeira rolda
- 2017 : Campión.
Algúns xogadores históricos
- Joseph-Antoine Bell.
- Roger Milla.
- Thomas Nkono.
- François Omam-Biyik.
- Jacques Songo'o.
- Jean-Pierre Tokoto.
- Achille Webo.
- Samuel Eto'o.
A selección do Camerún e Galicia
O primeiro contacto da selección do Camerún con Galicia produciuse en 1982, durante os mundiais de fútbol celebrados en España. O Camerún quedou encadrada no grupo A, a canda Perú, Italia e Polonia. O primeiro partido dos cameruneses foi en Riazor, o 15 de xuño de 1982, contra os peruanos, e o resultado foi de empate a cero goles. O 18 de xuño tamén en Riazor, volveron empatar a cero con Polonia, e o 23 de xuño, en Balaídos, empataron a uns con Italia. O gol camerunés, marcado por Gregoire M'Bida, non abondou e Italia pasou á seguinte fase cos mesmos puntos que o Camerún pero cun gol marcado máis. Finalmente, Italia sería campioa e Polonia obtería o bronce.
Entre as tempadas 1996-97 e 2000-01, o xogador Jacques Songo'o, porteiro titular da selección do Camerún, defendeu a camisola do Deportivo da Coruña.
Galicia-Camerún
O terceiro partido da época moderna da selección de Galicia de fútbol celebrouse o 27 de decembro de 2007, en Vigo e enfrontou por primeira vez ao Camerún cos galegos. O resultado foi empate a un.
Os convocados pola selección camerunesa foron:
- Porteiros
- Carlos Idriss Kameni (RCD Espanyol)
- Souleymanou Hamidou (Denizlispor)
- Stéphane Kingue Mpondo (Coton Sport FC)
- Tignyemb Amour Patrick (Tonnerre de Yaoundé)
- Defensas
- Rigobert Song (Galatasaray SK)
- Christian Bekamenga (Persib Bandung)
- Bill Tchato (Qatar FC)
- Alexis Enam (Al-Ittihad de Trípoli)
- Timothée Atouba (Hamburger SV)
- Centrocampistas
- Modeste M'Bami (Olympique de Marsella)
- Landry N'Guemo (AS Nancy)
- Jean II Makoun (Lille OSC)
- Valéry Mezague (Le Havre AC)
- Joël Epalle (VfL Bochum
- Alain Nkong (Atlante FC)
- Gilles Binya (Benfica SL)
- Paul Essola (Arsenal Quiev)
- Achille Emana (Toulouse FC)
- Stéphane M'Bia (Stade Rennais FC)
- Dianteiros
- Bertin Tomou (RE Mouscron)
- Samuel Eto'o (FC Barcelona)
Foi seleccionado tamén o dianteiro Achille Webo, pero lesionouse uns días antes do encontro.