Selección de fútbol de Checoslovaquia

Checoslovaquia
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Československý fotbalový svaz
Confederación UEFA (Europa)
Código FIFA TCH
Alcume {Alcume}
Clasificación FIFA {Ranking}
Clasificación ConIFA {Ranking ConIFA}
Seleccionador Václav Ježek (último)
Máis encontros Zdeněk Nehoda (91)
Máximo goleador Antonín Puč (34)
Estrea internacional
Checoslovaquia Checoslovaquia 7 − 0 Reino de Iugoslavia (1918–1943) Iugoslavia
Antuerpen, Bélxica; 28 de agosto de 1920
Último encontro
Bélxica Bélxica 0 − 0 Checoslovaquia Checoslovaquia
Bruxelas, Bélxica; 17 de novembro de 1993
Maior vitoria
Checoslovaquia Checoslovaquia 8 − 0 Tailandia Tailandia
Cidade de México, México; 18 de outubro de 1968
Maior derrota
Hungría Hungría 8 − 3 Checoslovaquia Checoslovaquia
Budapest, Hungría; 19 de setembro de 1937
Copa do Mundo
Participacións 8 (primeira en 1934)
Mellor resultado Subcampións (1934, 1962)
Eurocopa
Participacións 3 (primeira en 1960)
Mellor resultado Campións (1976)

A selección de fútbol de Checoslovaquia foi o equipo que representou a Checoslovaquia nas competicións internacionais oficiais de fútbol dende 1920 até a disolución do país a finais de 1993, con todo, a selección estaba participando na fase de clasificación da UEFA para o Mundial de 1994 e completou a fase co nome de Representación de Checos e Eslovacos (RCS). Controlada pola Československý fotbalový svaz (do checo: Asociación Checoslovaca de Fútbol), foi membro da UEFA.

O equipo tivo un grande éxito a nivel mundial, acadando o subcampionato nas Copa Mundial de Fútbol de 1934 e 1962 e o título da Eurocopa 1976. No Mundial de Suecia 1958 goleou ao seu par de Arxentina por 6-1 ante un equipo suramericano que contaba con figuras como Amadeo Carrizo, Orestes Corbatta e Angel Labruna, propinándolle así a peor goleada da súa historia en copas mundiais. En 1993, trala división de Checoslovaquia na República Checa e a República Eslovaca, o equipo disolveuse, dando orixe ás seleccións nacionais de fútbol de República Checa (considerada pola FIFA como a sucesora da antiga selección checoslovaca) e Eslovaquia.

Resultados

Copa Mundial de Fútbol

Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Uruguai Uruguai 1930 Non participou
Italia Italia 1934 Subcampión 4 3 0 1 9 6
Francia Francia 1938 Cuartos de final 3 1 1 1 5 3
Brasil Brasil 1950 Non participou
Suíza Suíza 1954 Primeira fase 14° 2 0 0 2 0 7
Suecia 1958 Primeira fase 4 1 1 2 9 6
Chile Chile 1962 Subcampión 6 3 1 2 7 7
Inglaterra Inglaterra 1966 Non clasificado
México 1970 Primeira fase 15° 3 0 0 3 2 7
Alemaña Alemaña 1974 Non clasificado
Arxentina 1978
España España 1982 Primeira fase 19° 3 0 2 1 2 4
México 1986 Non clasificado
Italia Italia 1990 Cuartos de final 5 3 0 2 10 5
Estados Unidos 1994 Non clasificado
Francia Francia 1998 Disolto
Total 30 11 5 14 44 45

Eurocopa

A selección en 1938 contra os Países Baixos.
Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Francia Francia 1960 Semifinais 2 1 0 1 2 3
España España 1964 Non clasificado
Italia Italia 1968
Bélxica Bélxica 1972
Iugoslavia Iugoslavia 1976 Campión 2 1 1 0 5 2
Italia Italia 1980 Semifinais 4 1 2 1 5 4
Francia Francia 1984 Non clasificado
Alemaña Alemaña Federal 1988
Suecia 1992
Total 8 3 3 2 12 10

Véxase tamén

Outros artigos