Selección de fútbol de Hungría
Hungría | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Magyar Labdarúgó Szövetség | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | HUN | ||
Alcume | Magyarok (Maxiares) | ||
Clasificación FIFA | 52 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {Ranking ConIFA} | ||
Seleccionador | Marco Rossi | ||
Máis encontros | Balázs Dzsudzsák Gábor Király (108) | ||
Máximo goleador | Ferenc Puskás (84) | ||
Estrea internacional Austria 5 − 0 Hungría Viena, Austria; 12 de outubro de 1902 | |||
Maior vitoria Rusia 0 − 12 Hungría Moscova, Rusia; 14 de xullo de 1912 Hungría 13 − 1 Francia Budapest, Hungría; 12 de xuño de 1927 Hungría 12 − 0 Albania Tirana, Albania; 12 de setembro de 1950 | |||
Maior derrota Hungría 0 − 7 Inglaterra Budapest, Hungría; 10 de xuño de 1908 Inglaterra (afeccionados) 7 − 0 Hungría Estocolmo, Suecia; 30 de xuño de 1912 Alemaña 7 − 0 Hungría Colonia, Alemaña; 6 de abril de 1941 Hungría 1 − 8 Países Baixos Ámsterdam, Países Baixos; 11 de outubro de 2013 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 9 (primeira en 1934) | ||
Mellor resultado | Subcampións (1938, 1954) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 3 (primeira en 1964) | ||
Mellor resultado | Terceiros (1964) |
A selección nacional de fútbol de Hungría está controlada pola Federación Húngara de Fútbol. Hungría foi unha das primeiras seleccións relevantes na historia do fútbol europeo, chegando ó seu máximo nivel na época do "Equipo de ouro".
O equipo de Ouro
Hungría é recoñecida por ser un dos equipos de máis calidade e que máis influencia tiveron na historia do fútbol. Talvez esta escuadra sexa a inventora de moitos aspectos do xogo tal como se desenvolve hoxe en día. O "Aranycsapat" (Equipo de Ouro, en húngaro) estaba baseado na súa dianteira formada por Ferenc Puskás, Sándor Kocsis, József Bozsik, Nándor Hidegkuti e Zoltán Czibor. O propio Rinus Michels ten comentado que o Equipo de Ouro foi o primeiro en practicar o "Fútbol Total" que fixo popular Holanda nos anos 70. O adestrador húngaro, Gusztáv Sebes chamaba ao seu estilo de xogo futbol socialista. Entre o 4 de xuño de 1950 e a final do mundial de 1954 conseguiron o récord de 43 vitorias e 7 empates, con memorables partidos coma o que os enfrontou á selección inglesa no estado de Wembley onde gañaron por 3-6, sendo a vez primeira que Inglaterra era derrotada na súa propia casa. Así mesmo ten a máxima distinción da clasificación ELO de Fútbol con 2173 puntos en xuño de 1954 e o segundo posto con 2153 no ano 1956. Superan a equipos coma o Brasil, Inglaterra, Alemaña ou Italia.
Hungría foi dúas veces finalista nos mundiais, en 1938, perdendo coa Italia por 4-2 e no ano 1954 coa Alemaña por 3-2. A este encontro se lle chama o milagre de Berna xa que na primeira fase os húngaros derrotaran aos alemáns por 8-3. Houbo moita polémica debido a un gol anulado a Puskas no minuto 89 por un máis que discutible fóra de xogo. No tempo de lecer Sándor Kocsis foi derrubado dentro da área xermana e o árbitro non sinalou nada. Ao remata-lo encontro houbo sospeitas de dopaxe sobre o equipo alemán, debido á destacada forma física que mostraron ao longo do partido. Nunca se puido probar nada, só quedaron as sospeitas que se incrementaron cando despois da final moitos xogadores xermanos tiveron que ser enviados a casas de repouso. Por outra banda Hungría gañou o ouro olímpico en tres ocasións 1952, 1964 e 1968. Tamén o equipo Sub-23 gañou o Campionato Europeo en 1974.
Récords
O encontro entre Austria e Hungría en Viena en 1902 foi o primeiro encontro internacional xogado entre dous países non británicos. Hungría foi o primeiro equipo en vencer a Inglaterra na casa, coa vitoria por 3-6 no estadio de Wembley o 25 de novembro de 1953. Un ano despois, en Budapest os húngaros gañarían de novo, esta vez por 7-1. Segue a ser a peor derrota sufrida pola selección inglesa. Ostentan ademais o récord de encontros internacionais imbatidos (33), entre o 14 de maio e o 4 de xullo de 1954.
Nos Mundiais
- 1930 - Non participou.
- 1934 - Cuartos de final.
- 1938 - Subcampións.
- 1950 - Non participou.
- 1954 - Subcampións.
- 1958 - Primeira rolda.
- 1962 - Cuartos de final.
- 1966 - Cuartos de final.
- 1970 - Non se clasificou.
- 1974 - Non se clasificou.
- 1978 - Primeira rolda.
- 1982 - Primeira rolda.
- 1986 - Primeira rolda.
- 1990 a 2018 - Non se clasificou.
Nas Eurocopas
- 1960 - Non se clasificou.
- 1964 - 3º posto.
- 1968 - Non se clasificou.
- 1972 - 4º posto.
- 1976 a 2012 - Non se clasificou
- 2016 - Oitavos de final
Xogadores
Máis partidos
Actualizado a 19 de novembro de 2019
Pos. | Xogador | Xogos | Goles | Período |
---|---|---|---|---|
1 | Gábor Király | 108 | 0 | 1998–2016 |
Balázs Dzsudzsák | 108 | 21 | 2007– | |
3 | József Bozsik | 101 | 11 | 1947–1962 |
4 | Zoltán Gera | 97 | 26 | 2002–2017 |
5 | Roland Juhász | 95 | 6 | 2004–2016 |
6 | László Fazekas | 92 | 20 | 1968–1983 |
7 | Gyula Grosics | 86 | 0 | 1947–1962 |
8 | Ferenc Puskás | 85 | 84 | 1945–1956 |
9 | Imre Garaba | 82 | 3 | 1980–1991 |
10 | Sándor Mátrai | 81 | 0 | 1956–1967 |
Máximos goleadores
Actualizado a 19 de novembro de 2019
Pos. | Xogador | Xogos | Goles | Período | Media |
---|---|---|---|---|---|
1 | Ferenc Puskás | 85 | 84 | 1945–1956 | 0.99 |
2 | Sándor Kocsis | 68 | 75 | 1948–1956 | 1.1 |
3 | Imre Schlosser | 68 | 59 | 1906–1927 | 0.87 |
4 | Lajos Tichy | 72 | 51 | 1955–1971 | 0.71 |
5 | György Sárosi | 62 | 42 | 1931–1943 | 0.68 |
6 | Nándor Hidegkuti | 69 | 39 | 1945–1958 | 0.57 |
7 | Ferenc Bene | 76 | 36 | 1962–1979 | 0.46 |
8 | Gyula Zsengellér | 39 | 33 | 1936–1947 | 0.85 |
9 | Tibor Nyilasi | 70 | 32 | 1975–1985 | 0.46 |
10 | Flórián Albert | 77 | 31 | 1959–1974 | 0.4 |