Sidney Lumet
Sidney Lumet, nado en Filadelfia o 25 de xuño de 1924 e finado en Nova York o 9 de abril de 2011, foi un director, produtor e guionista de cine, teatro e televisión estadounidense. Foi nomeado ao Oscar ó mellor director catro veces, polos seus filmes Doce homes sen piedade (1957), A tarde dun día de cans (1975), Network, un mundo implacable (1976) e Veredicto final (1982).
Traxectoria
Lumet foi un dos directores de cine máis prolíficos, realizando máis dunha película ao ano dende o seu debut en 1957. Principiou a súa carreira como director en Broadway, chegando a ser posteriormente director en televisión. O seu primeiro traballo cinematográfico, Doce homes sen piedade é considerado o seu mellor filme. Entre os temas das súas numerosas películas atopamos adaptacións de novelas, comedias negras ou dramas baseados en sucesos reais, como a sonada Serpico (1973).
En 2005 recibiu o Oscar honorífico polos seus "brillantes servizos aos guionistas, realizadores e á arte do cinema en xeral". En 2007 rodou o seu derradeiro filme Before the Devil Knows You're Dead (literalmente, Antes de que o diaño saiba que estás morto).
Filmografía destacada
Ano | Filme | Intérpretes |
---|---|---|
1957 | Doce homes sen piedade | Henry Fonda, Lee J. Cobb |
1958 | Stage Struck | Henry Fonda, Susan Strasberg |
1959 | That Kind of Woman | Sophia Loren, Tab Hunter |
1959 | The Fugitive Kind | Marlon Brando, Joanne Woodward, Anna Magnani |
1961 | A View from the Bridge | Raf Vallone, Jean Sorel |
1962 | Long Day's Journey into Night | Katharine Hepburn, Ralph Richardson, Jason Robards |
1964 | The Pawnbroker | Rod Steiger, Geraldine Fitzgerald |
1964 | Fail-Safe | Henry Fonda, Dan O'Herlihy, Walter Matthau, Larry Hagman . |
1965 | The Hill | Sean Connery, Harry Andrews |
1966 | The Group | Candice Bergen, Joan Hackett |
1967 | Chamada para un morto | James Mason, Harry Andrews |
1968 | Bye Bye Braverman | George Segal, Jack Warden |
1968 | The Sea Gull | Vanessa Redgrave, Simone Signoret |
1969 | The Appointment | Omar Sharif, Anouk Aimée |
1970 | King: A Filmed Record... Montgomery to Memphis | Paul Newman (narración), Joanne Woodward (narración) |
1970 | Last of the Mobile Hot Shots | Lynn Redgrave, James Coburn |
1971 | Supergolpe en Manhattan | Sean Connery, Dyan Cannon, Martin Balsam |
1972 | Child's Play | James Mason, Robert Preston |
1972 | A ofensa | Sean Connery, Ian Bannen, Trevor Howard |
1973 | Serpico | Al Pacino |
1974 | Lovin' Molly | Anthony Perkins, Beau Bridges |
1974 | Asasinato no Orient Express | Albert Finney, Lauren Bacall, Sean Connery, Ingrid Bergman |
1975 | A tarde dun día de cans | Al Pacino, John Cazale |
1976 | Network, un mundo implacable | Peter Finch, Faye Dunaway, William Holden, Robert Duvall, Ned Beatty |
1977 | Equus | Richard Burton |
1978 | O meigo | Diana Ross, Michael Jackson, Nipsey Russell, Ted Ross, Richard Pryor, Mabel King, Lena Horne |
1980 | Just Tell Me What You Want | Alan King, Ali MacGraw |
1981 | O príncipe da cidade | Treat Williams, Jerry Orbach |
1982 | Deathtrap | Michael Caine, Christopher Reeve, Dyan Cannon |
1982 | Veredicto final | Paul Newman, Jack Warden |
1983 | Daniel | Timothy Hutton, Mandy Patinkin |
1984 | Garbo Talks | Anne Bancroft, Ron Silver |
1986 | Power | Richard Gere, Julie Christie, Gene Hackman |
1986 | The Morning After | Jane Fonda, Jeff Bridges |
1988 | Running on Empty | River Phoenix, Judd Hirsch |
1989 | Family Business | Sean Connery, Dustin Hoffman |
1990 | Q & A | Timothy Hutton, Nick Nolte, Armand Assante |
1992 | A Stranger Among Us | Melanie Griffith, John Pankow |
1993 | Guilty as Sin | Don Johnson, Rebecca De Mornay |
1997 | Anoitece en Manhattan | Andy García, Ian Holm, Lena Olin, Richard Dreyfuss |
1997 | Critical Care | James Spader, Kyra Sedgwick |
1999 | Gloria | Sharon Stone, George C. Scott |
2004 | Strip Search | Glenn Close, Maggie Gyllenhaal |
2006 | Declarádeme culpable | Vin Diesel, Alex Rocco |
2007 | Before the Devil Knows You're Dead | Philip Seymour Hoffman, Ethan Hawke, Albert Finney |