Sidney Poitier
Sidney Poitier | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1927 |
Lugar | Miami |
Falecemento | 6 de xaneiro de 2022 |
Lugar | Os Ánxeles |
Nacionalidade | Estados Unidos de América e Bahamas |
Etnia | Afroamericano |
Relixión | Deísmo |
Cónxuxe(s) | Joanna Shimkus e Juanita Hardy |
Fillos | Sydney Tamiia Poitier |
Profesión | actor de cinema, director de cinema, diplomático, autobiógrafo, produtor de cinema, escritor, autor, actor de televisión, actor de teatro, actor, director teatral, produtor de televisión e realizador |
Na rede | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sir Sidney Poitier, KBE, nado en Miami (Florida) o 20 de febreiro de 1927 e finado nas Bahamas o 6 de xaneiro de 2022,[1][2] foi un actor, director de cine, escritor e diplomático bahamés-estadounidense.
Traxectoria
Comezou a facerse coñecer nos seus traballos como protagonista en varios filmes onde desafiaba conscientemente os estereotipos raciais e daba unha nova credibilidade ós actores negros.
En 1963, Poitier acadou o premio Oscar ó mellor actor polo seu papel no filme Lilies of the Field, sendo ademais o primeiro afroamericano en facelo.[2] A importancia deste fito consolidouno como actor de renome, e en 1967 chegou a facer o papel principal de tres filmes que conseguiron o récord de recadación dese ano: To Sir, with Love, Na calor da noite e A que non sabes quen vén cear esta noite?.
Como director, Poitier levou a cabo varios filmes que acadaron popularidade como Uptown Saturday Night, Let's Do It Again (xunto co seu amigo Bill Cosby) e Stir Crazy con Richard Pryor e Gene Wilder.
No 2002, 38 anos despois de gañar, Poitier foi homenaxeado pola Academia co Óscar Honorífico en recoñecemento "das súas notábeis contribucións como artista e como ser humano".
Dende 1997 a 2007 traballou como embaixador das Bahamas no Xapón.
En 2016, a Academia Británica de Cine e Televisión outorgoulle, na 69ª edición, un BAFTA honorífico pola súa contibución á industria cinematográfica.[2]
Filmografía
Director de cinema
Ano | Título |
---|---|
1972 | Buck and the Preacher |
1973 | Un cálido decembro |
1974 | Uptown Saturday Night |
1975 | Let's Do it Again |
1977 | A Piece of the Action |
1980 | Stir Crazy |
1982 | Hanky Panky |
1985 | Fast Forward |
1990 | Ghost Dad |
Actor de televisión
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1991 | Separate But Equal | Thurgood Marshall | |
1995 | Children of the Dust | Gypsy Smith | |
1996 | To Sir, with Love II | Mark Thackeray | |
1997 | Mandela and De Klerk | Nelson Mandela | |
1998 | David and Lisa | Doutor Jack Miller | |
1999 | The Simple Life of Noah Dearborn | Noah Dearborn | |
1999 | Free of Eden | Will Cleamons | |
2001 | The Last Brickmaker in America | Henry Cobb |
Actor de cinema
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1947 | Sepia Cinderella | Extra | |
1949 | From Whence Cometh My Help | El mesmo | Documental |
1950 | No Way Out | Doutor Luther Brooks | |
1951 | Cry, the Beloved Country | Reverendo Msimangu | |
1952 | Red Ball Express | Andrew Robertson | |
1954 | Go, Man, Go! | Inman Jackson | |
1955 | Blackboard Jungle | Gregory W. Miller | |
1956 | Good-bye, My Lady | Gates Watson | |
1957 | Edge of the City | Tommy Tyler | |
1957 | Something of Value | Kimani Wa Karanja | |
1957 | Band of Angels | Rau-Ru | |
1957 | The Mark of the Hawk | Obam | |
1958 | Virgin Island | Marcus | |
1958 | The Defiant Ones | Noah Cullen | |
1959 | Porgy and Bess | Porgy | |
1960 | All the Young Men | Sarxento Eddie Towler | |
1961 | A Raisin in the Sun | Walter Lee Younger | |
1961 | Paris Blues | Eddie Cook | |
1962 | Pressure Point | Doutor | |
1963 | The Long Ships | Aly Mansuh | |
1963 | Lilies of the Field | Homer Smith | |
1965 | The Bedford Incident | Ben Munceford | |
1965 | The Greatest Story Ever Told | Simon de Cyrene | |
1965 | A Patch of Blue | Gordon Ralfe | |
1965 | The Slender Thread | Alan Newell | |
1966 | Duel at Diablo | Toller | |
1967 | To Sir, with Love | Mark Thackeray | |
1967 | Na calor da noite | Virgil Tibbs | |
1967 | A que non sabes quen vén cear esta noite? | Doutor John Wade Prentice | |
1968 | For Love of Ivy | Jack Parks | |
1969 | The Lost Man | Jason Higgs | |
1970 | King: A Filmed Record... Montgomery to Memphis | Narrador | documental |
1970 | They Call Me MISTER Tibbs! | Virgil Tibbs | |
1971 | Brother John | John Kane | |
1971 | The Organization | Detective Virgil Tibbs | |
1972 | Buck and the Preacher | Buck | |
1973 | Un cálido decembro | Matt Younger | |
1974 | Uptown Saturday Night | Steve Jackson | |
1975 | The Wilby Conspiracy | Shack Twala | |
1975 | Let's Do it Again | Clyde Williams | |
1977 | A Piece of the Action | Manny Durrell | |
1979 | Paul Robeson: Tribute to an Artist | Narrador | |
1988 | Shoot to Kill | Warren Stantin | |
1988 | Little Nikita | Roy Parmenter | |
1992 | Sneakers | Donald Crease | |
1994 | A Century of Cinema | El mesmo | documental |
1996 | Wild Bill: Hollywood Maverick | El mesmo | documental |
1996 | To Sir, with Love II | Mark Thackeray | |
1997 | The Jackal | Director do FBI Carter Preston | |
1999 | The Simple Life of Noah Dearborn | ||
2001 | Ralph Bunche: An American Odyssey | Narrador | documental |
2004 | MacKenzie | El mesmo | documental |
2008 | Mr. Warmth: The Don Rickles Project | El mesmo | documental |
Obra escrita
Autobiografías
Poitier ten publicado tres libros autobiográficos:
- This Life (1980)
- The Measure of a Man: A Spiritual Autobiography (2000)
- Life Beyond Measure – letters to my Great-Granddaughter (2008).
Notas
- ↑ Stolworthy, Jacob (7 de xaneiro de 2022). "Legendary actor Sidney Poitier, first Black man to win Best Actor Oscar, dies aged 94". The Independent (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 N., G. (7 de xaneiro de 2022). "Muere Sidney Poitier, el actor afroamericano que con su éxito rompió en Hollywood las barreras de la raza". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Harpercollins.com (en inglés)