Sindicato
Un sindicato é unha agrupación de traballadores organizados para loitar pola defensa e promoción dos seus intereses sociais, económicos e laborais, con respecto ao centro de produción (empresa, fábrica) ou ao empregador.
Xeralmente o termo é aplicado ao sindicato obreiro, formado polo proletariado industrial, pero tamén pode referirse a outros grupos, como o sindicato campesiño, que agrupa os traballadores do campo, o sindicato agrícola, que agrupa sobre todo os grandes propietarios rurais, o sindicato patronal, ou agrupación de empresarios para defender os seus intereses, e o sindicato de estudantes, que agrupa fundamentalmente estudantes universitarios.
Sindicatos
Galiza
Sindicatos de clase
- Confederación Intersindical Galega (CIG)
- Unión Xeral de Traballadores (UXT-Galicia)
- Comisións Obreiras (CCOO)
- Central Unitaria de Traballadores (CUT)
- Confederación Nacional do Traballo (CNT)
- Confederación Xeral do Traballo (CXT)
- Unión Sindical Obrera (USO)
- Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG)
Sindicatos agrarios
- Sindicato Labrego - Comisións Labregas
- Unións Agrarias (UUAA)
- Xóvenes Agricultores-Asaja Galicia
Sindicatos do ensino
- ANPE
- Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanza de Galicia (FSIE-GALICIA)
- Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza (STEG)
Sindicatos da Función Pública
- CSI-CSIF
Outros sindicatos
- Sindicato de Xornalistas de Galicia
- Sindicato Galego de Profesionais do Espectáculo
- Sindicato Galego do Espectáculo
- Federación Noroeste de Asociacións Sindicais de Representantes de Comercio