Sofía de Grecia
Sofía de Grecia (Sofía Margarida Vitoria Frederica de Schleswig-Holstein-Sönderborg-Glücksburg), nada en Atenas o 2 de novembro de 1938, é princesa de Grecia e Dinamarca e a raíña consorte de España polo seu matrimonio con Xoán Carlos I de España desde o 22 de novembro de 1975 ata o 19 de xuño de 2014, data da abdicación do Rei e do acceso á xefatura do Estado do seu fillo Filipe VI. Ostenta de forma vitalicia o título honorífico de Raíña.
Xenealoxía
Sofía é a filla primoxénita de Paulo I, rei dos Helenos, e da súa esposa Frederica de Hannover. O rei Paulo era o fillo de Constantino I de Grecia e da súa muller Sofía, nada princesa de Prusia. Frederica era a filla de Ernesto Augusto de Hannover e da súa muller, Luísa Vitoria de Prusia, sobriña da propia raíña de Grecia, polo que o rei Paulo era curmán da nai da súa propia muller.
Traxectoria
Durante a súa infancia, en 1941, tivo que abandonar Grecia xunto a toda a súa familia por mor da invasión alemá durante a segunda guerra mundial, permanecendo no Cairo, Exipto e Suráfrica ata a súa volta en 1946. Aos poucos meses, o 1 de abril de 1947, o rei Xurxo II morreu e ocupou o trono o seu irmán, Paulo I, pai de Sofía. A princesa cursou estudos de pediatría, música e arqueoloxía. Traballou de enfermeira nunha maternidade de Atenas. Formou parte como suplente da selección grega de vela durante os Xogos Olímpicos de 1960, celebrados en Roma.
O 8 de xuño de 1961 asistiu en Londres á voda dos duques de Kent, onde coincidiu co entón príncipe Xoán Carlos de Borbón y Borbón. Un ano máis tarde, o 14 de maio de 1962, contraeron matrimonio en Atenas polos ritos católico e ortodoxo.
O matrimonio tivo tres fillos:
- S.A.R. a Infanta Elena n. 20 de decembro de 1963.
- S.A.R. a Infanta Cristina n. 13 de xuño de 1965.
- S.A.R. Filipe, príncipe de Asturias, n. 30 de xaneiro de 1968.
O 19 de xullo de 1969, Francisco Franco designou ao príncipe Xoán Carlos como sucesor a título de Rei, polo cal, e ata o momento da súa ascensión ao trono, tanto Xoán Carlos como a súa esposa ostentarían a dignidade de Príncipes de España, evitando a tradicional de Príncipes de Asturias. Trala morte de Franco, Xoán Carlos de Borbón foi proclamado Rei de España, o 22 de novembro de 1975, sendo Sofía a raíña consorte.
A Raíña é Académica de Honor da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Real Academia da Historia. Recibiu o Doutoramento Honoris Causa polas Universidades de Rosario (Bogotá), Valladolid, Cambridge, Oxford, Georgetown, Évora e Nova York. Algunhas institucións culturais e musicais españolas levan o seu nome, como a Escola Superior de Música Raíña Sofía, o Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía ou o Palacio das Artes Reina Sofía de Valencia. Do mesmo xeito que o de toda a familia real helena, a súa orixe familiar é fundamentalmente danesa, con importantes alianzas alemás e rusas.
Títulos
![]() |
Esta é unha lista de títulos e tratamentos que a raíña ostentou desde o seu nacemento:
- A súa Alteza Real a Princesa Sofía de Grecia e Dinamarca (1938-1962)
- A súa Alteza Real a Princesa Sofía de España (1962-1969)
- A súa Alteza Real a Princesa de España (1969-1975)
- A súa Maxestade a Raíña de España (Desde 1975)
Distincións honoríficas españolas
Dama gran colar da Real e Distinguida Orde de Carlos III.
Dama da Orde das Damas Nobres de María Luisa.
Ascendencia
16. Cristian IX, Rei de Dinamarca | ||||||||||||||||
8. Xurxo I, Rei dos Helenos | ||||||||||||||||
17. Princesa Luisa de Hesse-Kassel | ||||||||||||||||
4. Constantino I, Rei de Grecia | ||||||||||||||||
18. Gran Duque Constantino Nicholaievich de Rusia | ||||||||||||||||
9. Gran Duquesa Olga Constantinovna de Rusia | ||||||||||||||||
19. Princesa Alexandra de Saxonia-Altenburg | ||||||||||||||||
2. Paulo I, Rei de Grecia | ||||||||||||||||
20. Guillerme I, Emperador de Alemaña, Rei de Prusia | ||||||||||||||||
10. Frederico III, Emperador de Alemaña | ||||||||||||||||
21. Princesa Augusta de Saxonia-Weimar-Eisenach | ||||||||||||||||
5. Princesa Sofía Dorotea de Prusia | ||||||||||||||||
22. Alberte, Príncipe Consorte | ||||||||||||||||
11. Vitoria, Princesa Real | ||||||||||||||||
23. Vitoria I, Raíña do Reino Unido e de Irlanda e Emperatriz da India | ||||||||||||||||
1. Princesa Sofía de Grecia e Dinamarca, Raíña consorte de España | ||||||||||||||||
24. Xurxo V, Rei de Hannover | ||||||||||||||||
12. Ernesto Augusto, Príncipe herdeiro de Hannover | ||||||||||||||||
25. Princesa María de Saxonia-Altenburg | ||||||||||||||||
6. Ernesto Augusto III, Duque de Brunswick | ||||||||||||||||
26. Cristian IX, Rei de Dinamarca (= 16) | ||||||||||||||||
13. Princesa Thyra de Dinamarca | ||||||||||||||||
27. Princesa Luisa de Hesse-Kassel (= 17) | ||||||||||||||||
3. Princesa Frederica de Hannover | ||||||||||||||||
28. Frederico III, Emperador de Alemaña (= 10) | ||||||||||||||||
14. Guillerme II, Emperador de Alemaña | ||||||||||||||||
29. Vitoria, Princesa Real (= 11) | ||||||||||||||||
7. Princesa Vitoria Luísa de Prusia | ||||||||||||||||
30. Frederico VIII, Duque de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Augustenburg | ||||||||||||||||
15. Princesa Augusta Vitoria de Schleswig-Holstein | ||||||||||||||||
31. Princesa Adelaida Vitoria de Hohenlohe-Langenburg | ||||||||||||||||
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Sitio web oficial da Casa Real (en castelán)
- Fundación Reina Sofía (en castelán)
- Árbore xenealóxica da Raíña Sofía
- Biografía oficial (en castelán)
Predecesor: Novo título |
Princesa consorte de España 1962 - 1975 |
Sucesor: Desaparición do título |
Predecesor: Vitoria Uxía de Battenberg |
![]() Raíña consorte de España 1975 - 2014 |
Sucesor: Letizia Ortiz |