Stephen Hawking

Stephen Hawking
Hawking na NASA, na década de 1980.
Datos persoais
Nacemento8 de xaneiro de 1942
LugarOxford, Inglaterra Inglaterra
Falecemento14 de marzo de 2018 (76 anos)
LugarCambridge
CausaEsclerose lateral amiotrófica
SoterradoAbadía de Westminster
Nacionalidadeinglés
CónxuxeJane Wilde Hawking (1965-1995)
Elaine Mason (1995-2006)
FillosLucy Hawking, Robert Hawking e Timothy Hawking
RelixiónNingunha[1]
Actividade
CampoRelatividade xeral
Gravidade cuántica
Alma máterUniversidade de Oxford (BA)
Universidade de Cambridge (PhD)
Director de teseDennis Sciama[2]
Alumnos de teseBruce Allen[2][3]
Raphael Bousso[2][4]
Bernard Carr[2][5]
Fay Dowker[2][6]
Christophe Galfard[7]
Gary Gibbons[2][8]
Thomas Hertog[2][9]
Raymond Laflamme[2][10]
Don Page[2][11]
Malcolm Perry[2][12]
Wu Zhongchao[2][13]
Contribucións e premios
Coñecido porRadiación de Hawking
Teoremas de singularidade Penrose-Hawking
A Brief History of Time (1988)
PremiosPremio Adams (1966)
/FRS (1974)[14]
Medalla Eddington (1975)
Medalla Maxwell (1976)
Premio Heineman (1976)
Medalla Hughes (1976)
Premio Albert Einstein (1978)
CBE (1982)
RAS Gold Medal (1985)
Premio Dirac (1987)
Premio Wolf (1988)
CH (1989)
Premio Princesa de Asturias (1989)
Premio Andrew Gemant (1998)
Premio Naylor (1999)
Premio Lilienfeld (1999)
Medalla Albert (Real Sociedade das Artes) (1999)
Medalla Copley (2006)
Premio Fonseca[15] (2008)
Medalla Presidencial da Liberdade (2009)
Premio da Física Fundamental (2012)
FRSA
editar datos en Wikidata ]

Stephen William Hawking, nado en Oxford o 8 de xaneiro de 1942 e finado en Cambridge o 14 de marzo de 2018,[16] foi un físico teórico, cosmólogo, autor e director de investigación[17][18] británico. Os seus traballos científicos inclúen unha colaboración con Roger Penrose nos teoremas de singularidade gravitacional no eido da relatividade xeral, e a predicción teórica de que os buratos negros emiten radiación, a miúdo chamada radiación de Hawking. Hawking foi o primeiro en expoñer unha teoría da cosmoloxía explicada pola unión da teoría xeral da relatividade e a mecánica cuántica. Foi un enérxico defensor da interpretación dos universos paralelos da mecánica cuántica.[19][20]

Foi membro de Honra da Real Sociedade das Artes, membro vitalicio da Academia Pontificia das Ciencias, e Medalla Presidencial da Liberdade, a máis alta condecoración civil dos Estados Unidos. Hawking foi profesor lucasiano na Universidade de Cambridge entre 1979 e 2009 e acadou o éxito comercial con obras sobre ciencia popular nas que expuxo as súas propias teorías e a cosmoloxía xeral. O seu libro, A Brief History of Time apareceu na lista británica dos mellor vendidos de Sunday Times durante 237 semanas.

Hawking sufriu un rara enfermidade de lenta progresión, a esclerose lateral amiotrófica (ELA), tamén coñecida como doenza de Lou Gehrig, que levou varias décadas paralizándoo progresivamente.[21] Comunicábase empregando un único músculo da súa meixela conectado a un dispositivo xerador de voz. Hawking casou dúas veces e tivo tres fillos.

Traxectoria

Os seus pais foron Frank e Isobel Hawking. Tiña dúas irmás máis novas, Philippa e Mary, e un irmán adoptivo, Edward. Da súa familia, Hawking tivo na súa nai, quen era unha activa política, o membro máis próximo. A casa dos seus pais estaba no norte de Londres, pero durante a segunda guerra mundial considerábase que Oxford era un dos lugares máis seguros para ter nenos. Cando tiña oito anos, a súa familia mudouse a St Albans, unha vila a unhas 20 millas ó norte de Londres. Ós once anos Stephen foi á Escola de St Albans, e logo ó Colexio Maior Universitario en Oxford, antigo colexio do seu pai. Stephen quería facer Matemáticas, pese a que o seu pai preferiría Medicina. Como Matemáticas non podía estudarse no Colexio Universitario, optou por Física. Despois de tres anos e moito traballo concedéuselle o título de primeira clase con honores en Ciencias naturais.

Tras obtelo doutoramento pasou a ser Investigador, e máis tarde Profesor nos Colexios Maiores de Gonville e Caius. Despois de abandona-lo Instituto de Astronomía en 1973, Stephen entrou no Departamento de Matemáticas Aplicadas e Física teórica, e desde 1980 ocupa o posto de Profesor Lucasiano de Matemáticas. A Cátedra foi fundada en 1663 con fondos concedidos no testamento do Reverendo Henry Lucas, quen fora Membro do Parlamento pola Universidade. Foi primeiro cuberta por Isaac Barrow, e logo en 1669 por Isaac Newton.

En 1985 foi traqueostomizado e desde entón emprega un sintetizador de voz para comunicarse. Gradualmente foi perdendo o uso dos seus brazos e pernas, así como do resto da musculatura voluntaria, incluíndo a forza do pescozo para manter a cabeza ergueita, con todo o cal a súa mobilidade é practicamente nula (Esclerose lateral amiotrófica, o mesmo caso de Jason Becker). A cadeira de rodas que utiliza en público está controlada por unha computadora que Hawking manexa mediante leves movementos de cabeza e ollos, o que tamén lle permite seleccionar palabras e frases no sintetizador de voz.

Casou por primeira vez en xullo de 1965 con Jane Wilde. Hawking casou por segunda vez coa súa enfermeira - Elaine Mason - o 16 de setembro de 1995. Hawking continúa combinando a vida en familia (coa súa esposa, os seus tres fillos e un neto) e a súa investigación en física teórica xunto cun extenso programa de viaxes e conferencias.

O asteroide 7672 Hawking foi chamado así na súa homenaxe.

Era ateo.[22] Estaba en contra do capitalismo.[23][24]

Obra

Stephen Hawking

Hawking traballou nas leis básicas que gobernan o universo. Xunto con Roger Penrose mostrou que a Teoría Xeral da Relatividade de Einstein implica que o espazo e o tempo han de ter un principio no Big Bang e un final dentro de buracos negros. Semellantes resultados sinalan a necesidade de unificar a Relatividade Xeral coa Teoría Cuántica, o outro gran desenvolvemento científico da primeira metade do século XX. Unha consecuencia de tal unificación que el descubriu era que os buracos negros non eran totalmente negros, senón que podían emitir radiación e partículas subatómicas (coñecidas como radiación Hawking) e eventualmente evaporarse e desaparecer. Outra conxectura é que o universo non ten bordos ou límites no tempo imaxinario. Isto implicaría que o modo en que o universo empezou queda completamente determinado polas leis da ciencia.

As súas numerosas publicacións inclúen "The Large Scale Structure of Spacetime" con G. F. R. Ellis, "General Relativity : an Einstein Centenary Survey" con W. Israel, e "Three Hundred Years of Gravitation", con W. Israel. Stephen Hawking publicou tres libros de divulgación: o seu éxito de vendas A Brief History of Time, "Black Holes and Baby Universes and Other Essays" e máis recentemente en 2001, "The Universe in a Nutshell", e en 2005, A Briefer History of Time, unha versión revisada e ampliada do seu primeiro best-séller.

Obras técnicas

  • The Large Scale Structure of Spacetime con George Ellis,
  • The Large, the Small, and the Human Mind, (con Abner Shimony, Nancy Cartwright, e Roger Penrose).

Obras populares

Currículum

O Profesor Hawking ten doce doutorados honoríficos, gañou o CBE en 1982 e foi designado Compañeiro de Honor en 1989. É o receptor de numerosos premios (por exemplo, o Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 1989), galardóns e medallas e é Membro de Honor da Royal Society e da US National Academy of Sciencies.

Notas

  1. The Huffington Post, ed. (25 de setembro de 2014). "Stephen Hawking Says 'There Is No God,' Confirms He's An Atheist". Consultado o 26 de outubro de 2014. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Mathematics Genealogy Project (ed.). "Stephen Hawking at the Math Genealogy". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2015. Consultado o 01 de novembro de 2015. 
  3. Allen, Bruce (1983). University of Cambridge, ed. Vacuum energy and general relativity (Tese). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 01 de novembro de 2015. 
  4. Bousso, Raphael (1997). University of Cambridge, ed. Pair creation of black holes in cosmology (Tese). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 01 de novembro de 2015. 
  5. Carr, Bernard John (1976). University of Cambridge, ed. Primordial black holes (Tese). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 01 de novembro de 2015. 
  6. Dowker, Helen Fay (1991). Space-time wormholes (Tese). University of Cambridge. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 01 de novembro de 2015. 
  7. Galfard, Christophe Georges Gunnar Sven (2006). University of Cambridge, ed. Black hole information & branes (PhD). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 01 de novembro de 2015. 
  8. Gibbons, Gary William (1973). University of Cambridge, ed. Some aspects of gravitational radiation and gravitational collapse (PhD). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 01 de novembro de 2015. 
  9. Hertog, Thomas (2002). University of Cambridge, ed. The origin of inflation (PhD). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 01 de novembro de 2015. 
  10. Laflamme, Raymond (1988). University of Cambridge, ed. Time and quantum cosmology (PhD). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 01 de novembro de 2015. 
  11. Page, Don Nelson (1976). California Institute of Technology, ed. Accretion into and emission from black holes (PhD). 
  12. Perry, Malcolm John (1978). University of Cambridge, ed. Black holes and quantum mechanics (PhD). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 01 de novembro de 2015. 
  13. Wu, Zhongchao (1984). University of Cambridge, ed. Cosmological models and the inflationary universe (PhD). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 01 de novembro de 2015. 
  14. The Royal Society (ed.). "Certificate of election: Hawking, Stephen, EC/1974/12". Londres. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2014. Consultado o 01 de novembro de 2015. 
  15. http://www.usc.es/es/cursos/conciencia/premio_fonseca2008.html
  16. Redacción (14 de marzo de 2018). "Morre Stephen Hawking, o físico que revolucionou a idea do universo". GCiencia. Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  17. Ctc.cam.ac.uk (ed.). "Centre for Theoretical Cosmology: Outreach Stephen Hawking". Consultado o 23 de xuño de 2013. 
  18. Stephen Hawking Official Website (ed.). "About Stephen – Stephen Hawking". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2015. Consultado o 23 de xuño de 2013. 
  19. Gardner, Martin (September/October 2001). "Multiverses and Blackberries". "Notes of a Fringe-Watcher". Skeptical Inquirer. Volume 25, No. 5.
  20. Price, Michael Clive (February 1995). "THE EVERETT FAQ" Arquivado 03 de xullo de 2015 en Wayback Machine.. Departmento de Física, Washington University in St. Louis. Consultado o 17 de decembro de 2014.
  21. Scientific American, ed. (7 de xaneiro de 2012). "How Has Stephen Hawking Lived to 70 with ALS?". Consultado o 23 de decembro de 2014. Q: How frequent are these cases of very slow-progressing forms of ALS? A: I would say probably less than a few percent. 
  22. Jamie Ducharme (14 de marzo de 2018). "Stephen Hawking Was an Atheist. Here's What He Said About God, Heaven and His Own Death". Time (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2018. 
  23. Alexander C. Kaufman (18 de agosto de 2015). "Stephen Hawking Says We Should Really Be Scared Of Capitalism, Not Robots". Huffington Post (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  24. Rob Price (14 de marzo de 2018). "Stephen Hawking's final Reddit post was an ominous warning about the future of humanity and capitalism". Business Insider (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas