Roger Penrose

Roger Penrose Premio Nobel
Datos persoais
Nacemento8 de agosto de 1931
LugarColchester
NacionalidadeReino Unido
CónxuxeVanessa Thomas e Joan Isabel Wedge
Actividade
Campomatemático, físico, filósofo, profesor universitario, astrónomo e astrofísico
Alma máterUniversity College de Londres, Universidade de Cambridge e University College School
Director de teseJohn Arthur Todd
Coñecido portriângulo de Penrose, Mosaico de Penrose, Processo Penrose, Diagrama de Penrose, A Mente Nova do Rei, Fashion, Faith, and Fantasy in the New Physics of the Universe, The Road to Reality, Cycles of Time, The Nature of Space and Time, Shadows of the Mind, inversa de Moore-Penrose, teoria dos twistores, Riemannian Penrose inequality, Penrose interpretation, Diósi–Penrose model, Formalismo de Newman-Penrose, escada de Penrose, Teoremas de singularidade Penrose-Hawking, transformada de Penrose, Terrell rotation, Penrose–Lucas argument e andromeda paradox
Premiosmembro da Royal Society, Medalla Copley, Medalla Real, Prémio Adams, Medalha Eddington, Medalha Dirac, Medalha Albert Einstein, Prêmio Naylor, Medalha Helmholtz, Medalla Karl Schwarzschild, Premio Marcel Grossmann, Gibbs Lecture, Ordem de Mérito, Medalha De Morgan, Medalha Amaldi, Premio Fonseca, Premio Wolf en Física, Medalha Dirac, honorary doctor of the University of Warsaw, honorary doctor of the Catholic University of Louvain, Prêmio Dannie Heineman de Física Matemática, Knight Bachelor, Prêmio Pomeranchuk, Commander of the Cross of the Order of Merit of the Republic of Poland, Premio Nobel de Física, Dalton Medal, Clarivate Citation Laureates, Ordem de Mérito, Royal Society Science Books Prize e Forder Lectureship
editar datos en Wikidata ]

Roger Penrose, nado en Colchester (Essex) o 8 de agosto de 1931, é un físico matemático inglés. É coñecido particularmente polas súas contribucións á teoría da relatividade xeral e á cosmoloxía. Tamén destacou no ámbito das matemáticas recreativas e a filosofía. Foi Premio Nobel de Física en 2020 xunto con Reinhard Genzel e Andrea Ghez.[1]

Traxectoria

Penrose é fillo do científico Lionel Penrose e de Margaret Leathes, e irmán do matemático Oliver Penrose e o xogador de xadrez Jonathan Penrose.

En 1955, cando era estudante reinventou a “inversa xeneralizada”, tamén coñecida como inversa Moore-Penrose.[2] Conseguiu o seu doutoramento en Cambridge en 1958, cunha tese sobre métodos tensores en xeometría alxébrica baixo a supervisión de John A. Todd. En 1965 Penrose e o físico Stephen Hawking probaron que aas singularidades poden formarse a partir do colapso de inmensas estrelas moribundas.[3]

En 1967 inventou a teoría de twistores que mapea obxectos xeométricos dun espazo de Minkowski nun espazo complexo en catro dimensións coa signatura métrica (2,2). En 1969 propuxo a hipótese da censura cósmica, que conxectura que o universo nos protexe da impredicibilidade inherente das singularidades (como os buracos negros) ocultándoos da vista. Esta forma coñécese actualmente como a hipótese feble da censura; en 1979, Penrose formulou unha versión máis firme chamada hipótese forte da censura. Xunto coa conxectura BKL e os problemas coa estabilidade non linear, resolver a conxectura da censura cósmico é un dos problemas máis importantes da teoría da relatividade.

Penrose é coñecido polo seu descubrimento en 1974 dos teselados que reciben o seu nome, que están formados de dúas teselas que só poden teselar o plano de forma aperiódica. En 1984 atopáronse padróns similares na organización de átomos en cuasicristais.

A súa contribución máis importante pode considerarse a invención das redes de espín (1971). Tamén influíu na popularización dos diagramas causales, coñecidos como diagramas de Penrose.

En 2020 recibe o Premio Nobel de Física.

Notas

  1. "The Nobel Prize in Physics 2020". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2020-10-13. 
  2. Penrose, Roger (1955). "A Generalized Inverse for Matrices". Proc. Cambridge Phil. Soc. (51): 406–413. 
  3. (Ferguson, 1991:66)

Véxase tamén

Ligazóns externas