Sydney Cricket Ground
SCG | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
Coordenadas | 33°53′30″S 151°13′29″L / -33.891666666667, 151.22472222222 |
Localización | Sydney, Australia |
Construción | |
Inauguración | 1851 |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 153 |
Capacidade | 43.649 asentos |
Propietario | Goberno de Nova Gales do Sur |
Localía | Fútbol australiano: Sydney Swans (AFL) Cricket: NSW Blues (Sheffield Shield) Cricket: Sydney Sixers (Big Bash League) |
Web | https://www.sydneycricketground.com.au/ |
Eventos | |
Copa do Mundo de Crícket 1982 Copa do Mundo de Rugby League 1957 Copa do Mundo de Rugby League 1977 Copa do Mundo de Rugby League 2008 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Sydney Cricket Ground, popularmente coñecido polo seu acrónimo SCG, é un recinto deportivo da cidade australiana de Sydney, a capital do estado de Nova Gales do Sur. Emprégase para disputar encontros de crícket e fútbol australiano, de xeito que o terreo de xogo non é rectangular senón elíptico, cunha lonxitude de 153 metros no seu eixo maior. A capacidade das bancadas é de 43.649 asentos.
A súa construción comezou en 1848 e foi inaugurado en 1851. Durante as súas primeiras décadas de existencia pertenceu ó exército británico e acolleu principalmente encontros de crícket entre soldados e eventos de equitación. Coa chegada do século XX tamén foi empregado para celebrar encontros de tenis, fútbol, rugby union, rugby league, béisbol, fútbol australiano e probas de ciclismo e atletismo.
Na actualidade o SCG é o fogar dos Sydney Swans de fútbol australiano (campións da AFL en 2005 e 2012), e dos equipos representativos de crícket do estado de Nova Gales do Sur: os NSW Blues de crícket clásico e os Sydney Sixers na disciplina Twenty20.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial do SCGArquivado 19 de decembro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)