Tebas, Exipto
Para a antiga cidade de Beocia, ver Tebas, Grecia.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Exipto | |||
Gobernación | Luxor (pt) | |||
Capital de | ||||
Xeografía | ||||
Superficie | 7.390,16 ha | |||
Bañado por | Nilo | |||
Altitude | 78 m | |||
Creación | 3200 a. C. | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Mundo árabe | |||
Data | ?, Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (iii) e (vi) | |||
Identificador | 87 | |||
Antiga Tebas coa súa Necrópole | |
---|---|
Templo de Luxor. | |
Ancient Egypt.png Mapa do Antigo Exipto | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Exipto |
Localización | 25°43′14″N 32°36′37″L / 25.72056, -32.61028 |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, III, VI |
Inscrición | 1979 (3º sesión) |
Rexión da UNESCO | Estados árabes |
Identificador | 87 |
Tebas (Θηβαι, Thēbai) é a denominación grega da antiga cidade exipcia de niwt ("A Cidade") ou niwt-rst ("A Cidade do Sur"). Está situada no Alto Exipto, a 700 km ao sur do mar Mediterráneo, na beira leste do Nilo, no lugar que agora ocupa a actual Luxor. Era a capital de Waset, o cuarto nomo do Alto Exipto, nome que tamén se lle ten aplicado á cidade mesma. Foi a capital de Exipto durante parte do Imperio Medio e a maior parte do Imperio Novo.
Topónimo
Como sede da tríade de divindades Amón, Mut e Khonsu, Tebas coñecíase en lingua exipcia desde o Imperio Novo como niwt-imn, "A Cidade de Amón". Isto chegou ao hebreo, na Biblia, como נא אמון nōˀ ˀāmôn (Nahum 3:8). Para os gregos foi Διόσπολις Dióspolis ou "Cidade de Zeus" (Amón identificouse con Zeus).
Non se sabe de onde ven o nome grego Tebas. Para algúns ven do nome da cidade grega do mesmo nome na Beocia (Tebas, Grecia). Para outros foi derivado a partir do exipcio t3 ipt-swt ("O Máis Escollido dos Lugares"), un dos nomes do templo de Luxor, ou de Djeme (Medinet Habu). Pero nada é seguro.
Historia
Waset era pouco máis que unha vila de provincias durante o Imperio Antigo. Fican dúas mastabas construídas con ladrillos durante as III ou IV dinastías e un pequeno grupo de tumbas das V e VI dinastías; daquela as residencias reais e as tumbas, tanto reais como nobiliarias, construíanse en Saqqara, preto de Menfis. Os edificios máis antigos que existen hoxe en día fan parte do complexo de templos de Karnak e datan do Imperio Medio, aínda que se atopou unha estatua de Niuserre, faraón da V dinastía, polo que se supón a existencia de polo menos un templo do Imperio Antigo.
O poder político de Tebas aumentou durante o Primeiro Período Intermedio e algún dos seus reis pretendeu selo do Alto e do Baixo Exipto, pero o seu poder nunca se estendeu alén da rexión tebana. Finalmente, Mentuhotep, que gobernou durante 51 anos, si foi quen de reunificar todo o Exipto e inaugurar a XI dinastía e con ela o Imperio Medio.
Tebas declinou de novo cando Amenemhat I, da XII dinastía, trasladou a capital para o norte. A cidade asumiu entón o papel de centro relixioso, conforme o seu deus Amón era promovido a deidade principal do estado. Os restos máis antigos dun templo dedicado a Amón datan do reinado de Senwosret I, na XII dinastía. O núcleo desta construción do Imperio Medio áchase no corazón do templo actual, por detrás do santuario.
O momento culminante do poder de Tebas chegoulle durante a XVIII dinastía, durante a que se edificaron os templos máis grandiosos e se construíron as tumbas na beira oeste. O centro da cidade a partir do Imperio Medio estendíase entre os templos principais de Karnak e Luxor, ao longo da avenida de esfinxes que os conectaba. Esta zona está ocupada actualmente pola cidade moderna de Luxor.
Durante o Terceiro Período Intermedio, o Sumo Sacerdote de Amón enfrontouse aos faraóns da XXI e XXII dinastías que gobernaban desde o delta. A influencia de Tebas declinou a partir de entón.
Monumentos
Na marxe leste queda a parte principal da vila e os templos máis importantes. Na marxe oeste estaban a necrópole coas tumbas e os templos funerarios, así como o barrio de Deir el Bahri, os templos funerarios de Mentuhotep e Hatshepsut, o templo de Amón de Thutmose III, o Ramesseum de Rameses II e outros templos funerarios, como o de Seti I e Amenhotep III cos Colosos de Memnon.
Beira leste
- Antiga zona edificada
- Templos de Karnak
- Gran Templo de Amón en Karnak (Ta-opet en exipcio antigo). Aínda sendo o segundo edificio relixioso máis grande xamais construído, é a principal casa de culto de Amón, a deidade patrona de Tebas, e a residencia do poderoso sacerdocio de Amón. O que o diferenciaba dos moitos templos de Exipto é o tempo que foi construído (máis de 2.000 anos, comezando no Reino Medio). As principais características deste templo son os seus dez grandes pilono, a gran Sala hipóstila, un lago sagrado, subtemplos, numerosos santuarios e múltiples obeliscos. Foi o templo máis importante para a maioría da historia.
- Templo de Luxor (Ipet resyt). A diferenza dos outros templos de Tebas, non está dedicado a un deus de culto ou a unha versión deificada do rei na morte. En cambio, dedícase ao rexuvenecemento da realeza; puido ser onde se coroaron moitos dos faraóns de Exipto. É unha peza central do "Festival Opet", onde a barca sacra da Tríada Tebana viaxa desde Karnak ata o templo de Luxor, destacando o significado divino da re-coroación do faraón.
- Templo de Khonsu
- Recinto de Mut
- Recinto de Montu
- Avenida das Esfinxes
Beira oeste
- Val dos Reis.
- Val das Raíñas.
- Medinet Habu (templo funerario de Ramsés III).
- O Ramesseum (templo funerario de Ramsés II).
- Deir al-Madinah (vila dos traballadores).
- Tumbas dos Nobres
- Deir el-Bahri (templos de Montuhotep II, Hatshepsut etc).
- Complexo do palacio Malkata (palacio de Amenhotep III).
- Colosos de Memnon (templo funerario de Amenhotep III).
- Aldea de Deir el-Medina
- Templo mortuorio de Amenhotep III
- Templo mortuorio de Hatshepsut
- Templo mortuorio de Seti I
- Templo mortuorio de Ramsés III
- O ascenso de Atón