Ramsés II
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1303 a. C. |
Morte | 1213 a. C. (89/90 anos) Pi-Ramsés (pt) |
Causa da morte | Aterosclerose |
Lugar de sepultura | Val dos Reis, KV7 |
Faraón | |
31 de maio de 1279 a. C. – 1213 a. C. ← Seti I – Merenptah (pt) → | |
3º Pharaoh of the Nineteenth Dynasty of Egypt (en) | |
← Seti I – Merenptah (pt) → | |
1º Saqqara king (en) | |
– Seti I → | |
Pharaoh in the New Kingdom (en) | |
Datos persoais | |
Título real no antigo Exipto
| |
País de nacionalidade | Antigo Exipto |
Altura | 1,9 m |
Cor do pelo | Rubio |
Actividade | |
Ocupación | estadista |
Período de tempo | Imperio Novo de Exipto e XIX dinastía exipcia |
Período de actividade | (Con vida en: século XIII a. C. ) |
Lingua | Lingua exipcia |
Outro | |
Título | Faraón |
Familia | XIX dinastía exipcia |
Cónxuxe | Nefertari Henutmire Nebettawy Merytre Bintanath Isetnefert Maathorneferuré Meritamon |
Fillos | Merenptah (pt) () Isetnefert (pt) Henutmire (pt) () Seti ITuya (pt) Baketmut (en) () Amen-herkhepeshef (filho de Ramsés II) (pt) () Nefertari (pt) Mériamon (en) () Bintanath (en) () Takhat (en) () Horherouenemef (en) () Amenemopet (en) () Merytre (pt) () Pareherwenemef (en) () Nefertari (pt) Bintanath (en) () Isetnefert (pt) Meryatum (en) () Nefertari (pt) Ramesses (en) () Isetnefert (pt) Nebettawy (en) () Nefertari (pt) Khaemuaset (pt) () Isetnefert (pt) Ramesses-Meryamun-Nebweben (en) () Henuttawy (en) () Nefertari (pt) Meritamon (pt) () Nefertari (pt) Setepenre (en) () |
Pais | Seti I e Tuya (pt) |
Irmáns | Nebchasetnebet (en) , Tia (pt) e Henutmire (pt) |
Cronoloxía | |
maio de 1274 a. C. | Batalha de Kadesh (pt) |
Ramsés II foi un faraón do antigo Exipto da XIX dinastía. Reinou durante preto de sesenta anos. Sucedeu a Seti I cara ao 1300 a.C. como elixido do deus Ra. Trátase dun dos faraóns máis coñecidos na actualidade.
Foi un complexo personaxe: gran proxenitor foi pai de máis dun centenar de fillos de excepcional lonxevidade (permaneceu no trono durante uns 70 anos), marido de catro das súas fillas (tivo seis esposas e multitude de favoritas), pasou a historia como un piadoso e valente xeral, infatigable construtor de grandiosos monumentos, gran lexislador, colonizador e diplomático.
Foi un líder con grandes calidades físicas, intelectuais e morais que dominou durante boa parte do século XIII a.C. desde a quinta catarata do Nilo ata a beira do río Éufrates cando xa Exipto iniciaba o seu declive.
Tras acompañar ao seu pai desde pequeno, segundo a estela de Kuban aos 10 anos xa era xefe do exército) accedeu ao trono posiblemente no ano 1279 a.c., cando debía ter uns 25 anos.
Desde o seu ascenso ao trono o seu obxectivo foi proseguir e ampliar as accións emprendidas polo seu pai de expansión económica e territorial do imperio.
Dirixiu varias empresas militares contra Siria e Canaan. Tras dezaseis anos de loita e a infrutuosa batalla de Qades, asinou un tratado de paz cos hititas. Este acordo co rei Hatusilis buscou un equilibrio de forzas co río Orontes como fronteira e intentaba frear a Asiria.
Estableceu unha nova capital: a cidade de Ramsés, no delta do Nilo.
As súas construcións pasaron á historia da arquitectura universal: os templos de Abu Simbel e Hator. A cidade de Tebas foi engrandecida monumentalmente, salientando o templo de Amón.
Á súa morte, no ano 1235 a.C, sucedeuno o seu fillo décimo cuarto Merneptah.
A súa titulatura. Os seus nomes
Cinco nomes compoñen a súa Titulatura:
- O nome de Horus: "Touro vitorioso, amado de Maat".
- O nome das Dúas Deusas: "Protector de Exipto, conquistador de países estranxeiros".
- O nome de Horus de Oro: "Rico en anos, grande en vitorias".
- O nome do Rei do Alto e do Baixo Exipto: "Poderoso po a Maat de Re" ou "Re é poderoso de Maat (Usermaatre).
- O nome do Fillo de Re: "Nacido de Re, amado de Amón".
Véxase tamén
Bibliografía
- Menu, Bernadette (1998). Ramsés II. Ediciones B, S.A. ISBN 84-406-8828-8.
Antigo Exipto | ||
---|---|---|
Segue a: Seti I |
Ramsés II | Precede a: Merneptah |
XIX |