Vía catalá
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/19/Via_Catalana%2C_tram_765.jpg/275px-Via_Catalana%2C_tram_765.jpg)
A vía catalá cara á independencia (en catalán: Via Catalana cap a la Independència), máis coñecida como vía catalá, foi unha cadea humana duns 400 quilómetros feita en Cataluña a proposta da Assemblea Nacional Catalana (ANC) para a diada do 11 de setembro de 2013. O seu obxectivo era reivindicar a independencia de Cataluña.[1] Contou co apoio das 14 entidades non gobernamentais que colaboran na iniciativa ElClauer.cat.[1][2] A cadea seguiu o trazado da antiga Vía Augusta, dende Pertús (Vallespir) ata Alcanar (Montsià). Segundo Carme Forcadell, presidenta da ANC, foi «un símbolo, o símbolo da unidade do pobo catalán para acadar a soberanía nacional».[3]
En total, 1.600.000 manifestantes participaron na vía catalá, 500.000 dos cales fixérono nas rúas da cidade de Barcelona, segundo o Departamento do Interior da Generalitat de Cataluña.[4][5]
A cadea humana comezou ás 17:14 horas do mércores 11 de setembro cun repenique de campás, e despois houbo un acto político simultáneo en diversas localidades catalás ata as 18:00h, cando se cantou Els Segadors.[6] En total, a organización mobilizou 1.500 autocares e 30.000 voluntarios.[7] Contratáronse máis de vinte medios aéreos para documentar o acto e máis de 800 fotógrafos voluntarios inmortalizaron o acto.[1] Ademais, vendéronse máis de 500.000 camisolas oficiais da ANC por toda a vía.[8]
Repercusión política
A Assemblea Nacional Catalana reclamou que o día seguinte do acto, o goberno catalán fixase a data e a pregunta do Referendo de autodeterminación de Cataluña, que «se ten que poder responder cun si ou cun non».[9] O conseller de Presidencia da Generalitat de Cataluña e portavoz do goberno, Francesc Homs, respondeu á petición dicindo que «antes de rematar o ano haberá unha data e unha pregunta».[10]
A vía catalá serviu de inspiración para que no País Vasco o movemento Gure Esku Dago preparase a Cadea humana polo dereito a decidir do País Vasco o 8 de xuño de 2014 entre Durango e Pamplona[11]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Moffett, Matt (5 de setembro de 2013). "Catalan Separatists to Link for Independence Cause". The Wall Street Journal (en inglés).
- ↑ Via Catalana (ed.). "Qui som". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 12 de xuño de 2014.
- ↑ Ara, ed. (19 de xuño de 2013). "De la Jonquera a Alcanar: 400 km de 'Via Catalana' cap a l'estat independent".
- ↑ "La Via Catalana, minut a minut". Ara. 11 de setembro de 2013.
- ↑ "More than 1 million Catalans form human chain to promote their bid to break away from Spain". The Washington Post (en inglés) (AP). 11 de setembro 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2013. Consultado o 13 de setembro de 2013.
- ↑ Europa Press, ed. (4 de setembro de 2013). "La 'Via Catalana' arrencarà amb un repicament de campanes i acabarà amb un acte polític".
- ↑ Xuriach, Roger (18 de agosto de 2013). "La independencia está en sus manos". Público (en castelán).
- ↑ "Llargues cues al centre de Barcelona per a adquirir la samarreta de la Via Catalana". Vila web (en castelán). 9 de setembro de 2013.
- ↑ "La ANC quiere una fecha para la consulta el día después de la cadena humana". El Mundo (en castelán) (Barcelona). 23 de agosto de 2013.
- ↑ "Homs: “Abans de final d'any hi ha d'haver una data i una pregunta”". El Punt Avui. 12 de setembro de 2013.
- ↑ Bañuelos, Oskar (14 de abril de 2014). "Euskadi busca el 'contagi català'". Diari Ara.