Vikings (serie de televisión)

Vikings
FormatoDrama histórico
Creado porMichael Hirst
Dirixido porJohn Bartley
IntérpretesTravis Fimmel
Clive Standen
Gabriel Byrne
Nathan O'Toole
Katheryn Winnick
Jessalyn Gilsig
George Blagden
Gustaf Skarsgård
Donal Logue
Tema de aperturaIf I Had a Heart
(Fever Ray)
País de orixe CanadáIrlanda Irlanda
Episodios89
Produción
Duración45 min/cap. aprox.
DistribuidorWarner Bros
Emisión orixinal
Canle de orixeThe History Channel
Primeiro episodio3 de marzo de 2013
Na rede
http://www.history.com/shows/vikings
IMDB: tt2306299 Allocine: 10214 Rottentomatoes: tv/vikings_2013 Metacritic: tv/vikings TV.com: shows/vikings
Facebook: Vikings Twitter: HistoryVikings Instagram: historyvikings Netlix: 70301870 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vikings é unha serie de televisión coproducida entre o Canadá e Irlanda, ambientada neste último país. Foi creada por Michael Hirst para o canal de televisión The History Channel e estreouse nos Estados Unidos e no Canadá o 3 de marzo de 2013.

Argumento

A serie está baseada nas lendas sobre o rei semilendario viquingo Ragnar Lodbrok recollidas nas Sagas Islandesas. A serie retrata a Lodbrok como un guerreiro e navegante curioso, tecnoloxicamente innovador, ambicioso e rebelde. A historia comeza coa insubordinación de Ragnar Lodbrok ao xefe do seu clan, Conde Haraldson, para viaxar co seu propio barco ao oeste en lugar do leste como ordenara o Conde que era o dono dos barcos, amosándoo así coma o primeiro viquingo en saquear as Illas Británicas.

Personaxes

Principais

Personaxe Actor Descrición
Ragnar Lodbrok Travis Fimmel Ragnar Lodbrok é un granxeiro ambicioso, casado con Lagertha e pai dun fillo, Bjorn, e unha filla, Gyda. Enfróntase ao Conde Haraldson ante a insistencia deste en saquear os territorios do leste, tan pobres como os escandinavos, en lugar dos do oeste. Co diñeiro dos saqueos paga a construción dun barco para explorar, cun grupo de leais, os territorios do oeste apoiado en innovacións técnicas como o precursor do compás.
Conde Haraldson Gabriel Byrne O Conde Haraldson é o xefe da comunidade á que pertence Ragnar Lodbrok, á que goberna con man de ferro. É un home atormentado polo asasinato dos seus dous fillos varóns, que se conforma na súa vellez cos improdutivos saqueos do oeste. Entende a proposta de Lodbrok coma un desafío á súa posición e o éxito nas súas expedicións coma unha ameaza.
Ladgerda Katheryn Winnick É unha escudeira, unha guerreira, e muller de Ragnar Lodbrok. De forte carácter tanto protexe a casa e a familia na ausencia de Ragnar coma o acompaña nas expedicións.
Floki Gustaf Skarsgård Libremente baseado no deus nórdico Loki, é un construtor de barcos quen deseña e constrúe o barco de Ragnar Lodbrok, acompañándoo tamén na súa travesía.
Athelstan George Blagden É un xove monxe cristián que vive no mosteiro de Lindisfarne, na costa de Northumbria. Os viquingos de Lodbrok arrasan o mosteiro e asasinan a tódolos ocupantes agás a Athelstan, a quen Ragnar tomará coma servo para coñecer a lingua e costumes do reino invadido. Pouco a pouco vai converténdose ás crenzas pagás.
Rollo Clive Standen Irmán de Ragnar, e cunha relación tormentosa con este. Nun principio comezan as travesas nunha posición de igualdade pero o ascenso de Ragnar unha gran envexa no seu irmán e os primeiros problemas. Baséase no Rollo histórico, Hrolf Ganger, que foi o primeiro Duque de Normandía.

Secundarios

Xa fóra da trama

Aínda presentes

  • Alexander Ludwig como Bjorn, adulto.
  • Jessalyn Gilsig como Siggy, esposa do Conde Haraldson.
  • John Kavanagh como o Seiðr, profeta ou adiviño tribal.
  • Alyssa Sutherland como Aslaug, princesa filla da valquiria Brunilda.
  • Jouko Ahola como Kauko, un dos guerreiros de Ragnar.
  • Jefferson Hall como Torstein, un dos guerreiros de Ragnar.
  • Tadgh Murphy como Arne, un dos guerreiros de Ragnar.
  • Vladimir Kulich como Erik, un dos guerreiros de Ragnar.
  • Gerard McCarthy como Bronsted, un dos guerreiros de Ragnar.
  • Diarmaid Murtagh como Leif, un dos guerreiros de Ragnar.
  • Maude Hirst como Helga, parella de Floki.
  • Ivan Kaye como Rei Aelle de Norteumbría.
  • Linus Roache como o Rei Egbert de Wessex.
  • Morten Suurballe como Sigvard, segundo marido de Ladgertha.
  • Carrie Crowley como Elisef, esposa do Rei Horik.
  • Cormac Melia como Ubbe, fillo máis vello de Ragnar e Aslaug.
  • Cathal O'Hallin como Hvitserk, segundo fillo de Ragnar e Aslaug.
  • Gaia Weiss como Þórunn, escrava e parella sentimental de Bjorn.

Véxase tamén

Ligazóns externas