Volker Schlöndorff

Volker Schlöndorff
Nacemento31 de marzo de 1939
Lugar de nacementoWiesbaden
NacionalidadeAlemaña
Alma máterInstitut des Hautes Études Cinématographiques e Universidade de París
Ocupacióndirector de cinema, guionista, profesor universitario, actor de cinema, produtor de cinema e realizador
CónxuxeMargarethe von Trotta
PremiosOficial da Lexión de Honra, Bavarian Order of Merit, Order of Merit of Brandenburg, Konrad Wolf Prize, Romy, Carl Zuckmayer Medal, Brüder-Grimm-Poetikprofessur, Gran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Berliner Bär, Palma de Ouro e German Film Awards/honorary award
Na rede
http://www.volkerschloendorff.com
IMDB: nm0772522 Allocine: 638 Allmovie: p110226 TCM: 1393386
Discogs: 1432635 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Volker Schlöndorf, nado en Wiesbaden (Hessen) o 31 de marzo de 1939, é un director de cine, guionista, produtor, documentalista, e actor alemán. Está considerado un dos directores clave do denominado novo cinema alemán, movemento no que introduciu moitas das características aprendidas da Nouvelle Vague.

Traxectoria

Deixou a casa dos seus pais para ir a un internado xesuíta na Bretaña francesa con intención de que aprendese francés durante un par de meses. quedou tres anos alí. Iniciaría a súa carreira cinematográfica en París, onde se mudou coa súa familia cando tiña dezasete anos.

Estudou ciencia política e económica na Sorbona e dirección en IDHEC, a famosa escola de cine, e comezou a súa carreira profesional durante 1960 como asistente de dirección en varias películas da Nouvelle Vague: con Alain Resnais na súa coñecida película L'Année dernière à Marienbad (1961), Louis Malle en Vie privée (1962), Le feu follet ou Viva Maria!, ou Jean-Pierre Melville en Léon Morin, prêtre (1962).

A súa primeira película foi unha curtametraxe rodada en 1965, Wen kümmert’s, que foi prohibido en Francia porque trataba sobre a guerra de Alxeria. Dirixiu en 1966 Der junge Törless, adaptación da novela que 60 anos antes realizara Robert Musil. Esta película recibiu o premio FIPRESCI no Festival de Cannes así como os Premios do Cine Alemán de mellor película, guión e director e converténdose nun dos punteiros, xunto a Fassbinder ou Herzog, do novo cine alemán.

Posteriormente filmou un episodio da película Der Paunkenspieler (1967), Mord und Totschlag (1967), película que contaba co protagonismo dunha das musas dos Rolling Stones, Anita Pallenberg, quen tamén aparecía en Michael Kohlhaas – der Rebell (1969), un filme ambientado na Idade Media.

Estivo casado coa actriz, guionista e directora Margarethe von Trotta.

Entre os numerosos premios que recibiu a súa obra destacan o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e a Palma de Ouro no Festival de Cine de Cannes logrados por O tambor de folla de lata (1979), baseada na novela orixinal de Günter Grass.

Schlöndorff adopta diferentes estilos de novela para as súas películas que xeralmente se comprometen co tema da as políticas da posguerra en Alemaña. serviu tamén como Director Executivo do estudo UFA en Babelsberg.

Como autor de documentais destaca especialmente o ciclo de entrevistas que realizou a Billy Wilder en 1992, Billy Wilder, wie haben Sie's gemacht?.

Filmografía

Películas dirixidas

  • Der neunte Tag (2004)
  • Ten Minutes Older: The Cello (episodio) (2002)
  • Die Stille nach dem Schuß (1999)
  • Palmetto (1998)
  • Der Unhold (1996)
  • Homo Faber (1991)
  • Die Geschichte der Dienerin (1990)
  • Der Tod eines Handlungsreisenden (1985)
  • Krieg und Frieden (1983)
  • Eine Liebe von Swann (1982)
  • O tambor de folla de lata (1979)
  • Deutschland im Herbst (1978)
  • Der Fangschuss (1976)
  • Die verlorene Ehre der Katharina Blum oder: Wie Gewalt entstehen und wohin sie führen kann (1975)
  • Der junge Törless (1966)

Guións

  • Die Stille nach dem Schuß (1999)
  • Der Unhold (1996)
  • Der Tod eines Handlungsreisenden (1985)
  • Eine Liebe von Swann (1984)
  • Die Blechtrommel (1979)
  • Die verlorene Ehre der Katharina Blum (1975)
  • Der junge Törless (1966)

Véxase tamén

Ligazóns externas