Volvo S40
Volvo S40 | |
---|---|
Tipo | Automóbil de turismo |
Marca | Volvo |
Fabricante | Volvo Cars |
País | Suecia |
Período | ╴2012 |
Configuración | |
Segmento | Segmento D Segmento C |
Configuración | Motor dianteiro transversal, tracción dianteira ou 4WD |
Cronoloxía | |
Volvo S60 → | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Volvo S40, V40 ou V50 é un automóbil do segmento D (S40/V40 de primeira xeración e S40/V50 de segunda xeración) ou C (V40 de terceira xeración) producido polo fabricante sueco Volvo desde o ano 1996. O modelo é un cinco prazas con motor dianteiro transversal e tracción dianteira ou ás catro rodas. S40 corresponde á versión con carrozaría sedán de catro portas. As denominacións V40 e V50 refírense á variante familiar de cinco portas de primeira e segunda xeración, e á hatchback de cinco portas da terceira xeración. Os principais rivais da terceira xeración no mercado son o Audi A3, o BMW Serie 1/3 e o Mercedes-Benz Clase A/CLA.
Os Volvo S40 e V50 deixáronse de producir en 2012 e foron substituídos polos Volvo V40 e V40 Cros Country.
Primeira xeración (1996-2004)
1ª xeración | |
---|---|
Marca | Volvo |
Fabricante | Volvo Cars (pt) |
País | Suecia |
Deseño | Peter Horbury |
Produción | 1.000.034 unidades |
Configuración | |
Carrozaría | Sedán de 4 portas (S40) Familiar de 5 portas (V40) |
Configuración | Motor dianteiro, tracción dianteira |
Dimensións | |
Distancia eixes | 1995–2001: 2550 mm 2002–2004: 2557 mm |
Lonxitude | 2000–2001: 4470 mm 2002–2004: 4521 mm |
Anchura | 2000–2001: 1720 mm 2002–2004: 1717 mm |
Altura | 2000–2001: 1410 mm 2002–2004: 1423–1426 mm |
Peso | S40: 1220–1392 kg V40: 1234–1414 kg |
Cronoloxía | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
A primeira xeración foi producida en cooperación co fabricante xaponés Mitsubishi, que fabricou o Mitsubishi Carisma con elementos compartidos co Volvo S40. O Carisma con todo non tivo tanto éxito en vendas como o S40. Esta versión lanzada no ano 1996 se ensamblou xunto co Carisma na fábrica automotriz NedCar, nos Países Baixos.
A seguridade que caracteriza a Volvo foi sumamente salientada nesta versión, que sacou a puntuación máis alta do ano (1997) na proba de protección a pasaxeiros adultos de EuroNCAP.
-
Volvo S40 1.8 (vista frontal).
-
Volvo S40 1.8 (vista posterior).
-
Volvo V40 1.8T
Segunda xeración (2004-2012)
2ª xeración | |
---|---|
Marca | Volvo |
Fabricante | Volvo Cars (pt) |
País | Suecia |
Deseño | Fedde Talsma |
Configuración | |
Carrozaría | Sedán de 4 portas |
Configuración | Motor dianteiro, tracción dianteira ou total |
Dimensións | |
Distancia eixes | 2640 mm |
Lonxitude | 2004–2005: 4468 mm 2006–2007: 4475 mm 2008–2012: 4483 mm |
Anchura | 1770 mm |
Altura | FWD: 1452 mm AWD: 1470 mm |
Peso | FWD: 1435–1505 kg AWD: 1552–1579 kg |
Cronoloxía | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
A segunda xeración do S40, lanzada en 2004, foi deseñada sobre a Plataforma Volvo P1, unha plataforma derivada da Ford C1 usada noutros modelos pertencentes a Ford Motor Company, como os Ford Focus, Ford C-Max e Mazda 3.[1] A reestilización de 2007 (liña 2008) inclúe cambios visuais e mecánicos.
A segunda xeración do Volvo S40 (xunto coa versión familiar V50, o cabrio-coupé C70 e o hatchback C30) foron fabricados exclusivamente na fábrica de Volvo de Gante, Bélxica.
-
Volvo S40 (vista posterior).
Especificacións | S40 1.6 | S40 1.8 | S40 2.0 | S40 2.4 | S40 2.4i | S40 T5 | S40 T5 AWD | S40 1.6D | S40 2.0D | S40 D5 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Potencia kW/CV/rpm | 74/100/6000 | 92/125/6000 | 107/145/6000 | 103/140/5000 | 125/170/6000 | 169/230/5000 | 169/230/5000 | 80/109/4000 | 100/136/4000 | 132/180/4000 |
Torque Nm/rpm | 150/4000 | 165/4000 | 185/4500 | 220/4000 | 230/4400 | 320/1500–4800 | 320/1500–4800 | 240/1750 | 320/2000 | 350/1750-3250 |
Aceleración 0–100 km/h (manual/auto) | 11,9 s/- | 10,9 s/- | 9,5 s/- | -/10,6 | 8,2/8,9 | 6,8/7,2 | 7,1/7,5 | 12 s/- | 9,5 s/- | 7,9/8,5 |
Velocidade máxima km/h (manual/auto) | 185/- | 200/- | 210/- | -/200 | 220/215 | 240/235 | 230/225 | 190/- | 205/- | 225/220 |
Consumo de combustible l/100 km manual | 9,5/5,8/7,2 | 10,1/5,7/7,3 | 10,2/5,7/7,4 | - | 12,4/6,6/8,5 | 12,5/6,4/8,7 | 13,5/7,3/9,6 | 6,2/4,2/4,9 | 7,6/4,8/5,8 | 8,4/4,9/6,2 |
Consumo de combustible l/100 km automático | - | - | - | 13,2/6,7/9,1 | 13,2/6,7/9,1 | 13,7/6,9/9,4 | 15,1/7,2/9,6 | - | - | 9,7/5,5/7 |
Terceira xeración (2012-presente)
A terceira xeración presentouse no Salón do Automóbil de Xenebra de 2012 coa denominación V40, esta vez con carrozaría hatchback de cinco portas, e comezouse a vender a mediados de ano. De momento, é a única carrozaría prevista do modelo. A plataforma é unha versión actualizada da Ford C1, a usada na segunda xeración do S40 e V50, o Volvo C30 e o Ford Focus II. O V40 convivirá polo momento co C30, que é un hatchback do segmento C con carrozaría hatchback de tres portas lanzado en 2006.
A gama de motores do V40 abarca cinco opcións gasolina e tres diésel, todos con turbocompresor. A gasolina son un catro cilindros de 1,6 litros en variantes de 150 e 180 CV, un cinco cilindros de 2,0 litros en versións de 180 e 213 CV, e un cinco cilindros en liña de 254 CV. En tanto, os diésel son un catro cilindros en liña de 1,6 litros e 115 CV, e un cinco cilindros en liña de 2,0 litros en variantes de 150 e 177 CV.
O Volvo V40 comezouse a producir para substituír os S40 e V50 que se deixaron de producir en 2012.
V40 Cros Country (2012-presente)
O Volvo V40 Cros Country presentouse no Salón do Automóbil de París de 2012. É a versión todo terreo do Volvo V40.
No exterior, o V40 Cros Country distínguese polo deseño das fascias e as proteccións na parte baixa. O habitáculo está situado 40 mm máis alto que no V40 normal. Conta con motores diésel cuxa potencia vai desde 112 até 170 CV, así como versións de gasolina con turbocompresor e potencias desde 177 até 251 CV. Todas as versións posúen tracción dianteira, e están dispoñibles con caixa de cambios manual ou automática de seis velocidades.
Opcionalmente, a versión T5 está dispoñible con tracción integral permanente e cun sistema de descenso de pendentes. Conta cun sistema de arranque e apagado automático (start/stop) que ofrece un baixo consumo de combustible. Tamén están dispoñibles diversas opcións de equipamento como lonas e reixas para separar a área de carga, así como combinacións de cores e tapicería exclusivos.
Notas
- ↑ "VOLVO S40 specs & photos - 2004, 2005, 2006, 2007". autoevolution (en inglés). Consultado o 2019-02-27.